Cinco partidos, tres de locais

26 de Abril de 2018
  • O biberón e o benxamín descansan esta xornada

Santiago de Compostela, a 26 de Abril de 2018.

As ligas van terminando e os equipos das categorías inferiores da SD Compostela teñen cada vez menos encontros. Se a isto súmaslle que dous deles, biberón e benxamín, descansan este fin de semana, dá como resultado unha xornada curta na que tan só haberá cinco partidos, tres deles disputados como locais.

En primeiro lugar, o xuvenil de Liga Nacional ten unha final no derbi contra o Conxo, nun encontro que se xogará o domingo ás 12.00 horas no campo da Merced. Os nosos necesitan os tres puntos para saír da zona baixa e pensar na salvación.

Pola súa banda, o xuvenil B busca asegurar a súa posición na táboa e para iso tentará superar ao Noia, no Municipal de Santa Isabel, o sábado ás 20.00 horas.

O cadete, tras asegurar a salvación, ten unha difícil visita ao Atlético Fátima, nun duelo previsto para o domingo ás 11.00 horas no campo da Devesiña, en Recesende.

En infantís, o A xogará contra o Milladoiro, o sábado ás 16.00 horas na Merced, nun enfrontamento entre dous conxuntos da zona media da táboa.

Por último, o alevín A enfrontarase á SD Negreira, o domingo ás 13.00 horas en Santa Isabel, co obxectivo de manterse no máis alto do seu playoff, unha vez aseguráronse a permanencia na primeira categoría comarcal.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos asalta O Vao e logra o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ⚽ Os nosos fixeron un partido moi completo e conseguiron unha importante vitoria grazas a un penalti provocado e transformado por Buba📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCoruxo FC 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ BubaO DERBI É NOSO 🩵🤍TRES PUNTOS VITAIS NUN GRAN ENCONTRO 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO NO VAO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCORUXO F.C. 0️⃣-0️⃣ COMPOSBoa primeira parte dos nosos, apertando e roubando moitos balóns, pero sen conseguir acertar no último terzo📸 Nacho Castaño #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.