Sen respiro, outra final en San Lázaro

30 de Abril de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/qdudw_YLBzg” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos buscará unha nova vitoria que lle axude a certificar o primeiro posto.

Santiago de Compostela, a 30 de Abril de 2018.

Con escasos tres días de descanso, a SD Compostela volve mañá á faena cun claro obxectivo, conseguir unha nova vitoria que o aproxime, aínda máis, á certificación matemática do primeiro posto. Para logralo, os branquiazuis terán que superar en San Lázaro ao Villalonga FC, un conxunto que xa lle puxo as cousas moi complicadas no partido da primeira volta.

O estadio branquiazul será o lugar de batalla entre dous equipos que pelexan por metas totalmente distintas pero que necesitan os puntos para logralas. Por unha banda, o Compos quere asegurar o primeiro posto canto antes, mentres que polo outro, os visitantes necesitan sumar de tres para saír dos postos de descenso.

A pesar de que é a primeira oportunidade para conseguir de forma matemática o primeiro chanzo clasificatorio, Yago non quere pensar niso, xa que é algo que non depende do seu equipo. “Temos que centrarnos en nós, no noso partido, en gañalo que é a nosa tarefa, e despois xa se verá o que fixo o Bergantiños”, explicou o técnico en rolda de prensa.

O que si teñen claro desde o corpo técnico e o plantel é que dependen de si mesmos para alcanzar o obxectivo, polo que “pelexaremos ata o final por lograr os puntos que nos sexan necesarios”, argumentou o adestrador.

En canto ao prantexamento do partido contra o Villalonga, Yago deixou claro que seguirá coa liña das últimas semanas. “En nada vén a segunda parte da tempada e temos que estar cos 20 xogadores ao 100%, incluído Diego Rey. Todos teñen que estar con ritmo de competición, polo que a idea é que compitan todos”, analizou.

Esta circunstancia virá provocada, ademais, pola pouca distancia entre o último encontro e este. Esta saída, ao campo Jesús García Calvo, foi un partido  trabado, cun posicionamento defensivo forte, similar ao que poderán atoparse os branquiazuis no playoff. Así, todos os encontros de aquí ao final serven de lección para que o equipo colla experiencia de cara ao segundo tramo da tempada.

A primeira final será este martes, no fortín de San Lázaro, onde o equipo espera contar co apoio de toda a afección. Para lograr grandes retos, o ánimo dos seguidores é vital, polo que esperan que o estadio sexa unha caldeira neste importante partido, unha cita chave para lograr o obxectivo de lograr o primeiro posto.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para o seguinte partido na nosa casa 🩵🤍x24 🆚 Real Racing Club (Rayo Cantabria)🏟️ Estadio Vero Boquete🗓️ Domingo, 23 de febreiro🕔 17.00 horas💡 Ojoalvatio Asesoría Energética #composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕️🏟 Unha estrea no Vero Boquete con sabor doce 🙌 Markitos, Carlos Pérez e Fausto Tienza debutaron na súa nova casa con vitoria 🩵🤍 Os tres xogaron un gran partido e ademais Markitos redondeou a súa actuación co seu primeiro gol #composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🆕⏰ Novo HORARIO confirmado para o partido aprazado pola alerta laranxa 🩵🤍x20 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril🏟️ Vero Boquete🗓️ Mércores 19/03🕣 20.30 horas🤝 Patrocinado por Alcampo #composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯🩵🤍 Este domingo, a seguir sumando de 3⃣!x23 🆚 UM Escobedo🏟️ Estadio Eusebio Arce🗓️ Domingo, 16 de febreiro🕛 12.00 horas📺 www.tvfootballclub.com/#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️⚽️ O equipo regresa esta tarde ao traballo para preparar a saída deste domingo🏟️ Semana con tres adestramentos en artificial para adaptarse ás condicións do estadio da UM Escobedo #escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.