Perfil Francisco Rodríguez

11 de Maio de 2018

Francisco Rodríguez Vílchez (Almería, 1978) é o actual adestrador do CD Lugo dende a súa incorporación ao inicio da pasada temporada. A pesar da súa xuventude, conta cunha importante experiencia no fútbol profesional, tanto a nivel futbolista como adestrador.

Aínda sendo xuvenil, a súa traxectoria como futbolista profesional comeza no Plus Ultra de Almería de 3ª División, sumando boas actuacións que o levan ao xuvenil do RCD Espanyol de Barcelona. Dende aí ficha polo Polideportivo Almería e, despois de dúas temporadas, chama a atención do Valencia, que o incorpora para ceder despois ao Polideportivo Ejido. Ficha pola UD Almería coa que acada o ascenso a 2ª División, antes de dar o salto ao Albacete de 1ª. Regresa de novo á UD Almería coa que logra un novo ascenso, neste caso a 1ª División. Xa na súa recta final é cedido ao Granada 74, incorpórase ao Alicante e, finalmente, colga as botas no Orihuela de Segunda B con 32 anos. Daquela xa adestraba ao filial do Almería, ao que estivo a punto de clasificar para a promoción de ascenso a 2ª. Ese mesmo ano foi nomeado técnico do primeiro equipo, sendo o adestrador máis novo da categoría, ao que dirixe temporada e media. A súa seguinte experiencia sería no UCAM de Murcia, no que permanece media temporada antes de firmar polo CD Lugo de Segunda División.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera 👉 Os nosos para mañá, coa primeira convocatoria para Vilela, tras recuperarse da súa lesión#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎯 #llaneracompos⚒️ Semana de traballo completada no Campo do Sergas🩵🤍 Estamos preparados para o encontro de mañá na herba artificial do Pepe QuimaránIremos con todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.