Unha final para lograr un soño

25 de Maio de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/m66nPR6X4Go” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Yago Iglesias comentou que haberá varios partidos dentro dun e que o equipo ten que saber adaptarse a cada momento

Santiago de Compostela, a 25 de Maio de 2018.

Faltan xa menos de 24 horas para que a SD Compostela comece a súa peregrinación cara Barcelona. Mañá a estas horas o equipo estará viaxando cun obxectivo na cabeza, regresar sendo doutra categoría. A tarefa non será sinxela, pero todos están desexando gozar desta nova parte do premio por ser campións da Terceira División.

A vista está posta no domingo ás 12.00 horas no campo 1 da Cidade Deportiva Dani Jarque. Alí, os branquiazuis, arroupados polos seareiros que viaxen, intentarán superar este novo reto que afrontan. Queren aproveitar o resultado da ida para saír vitoriosos desta eliminatoria.

“Temos ganas de que chegue xa o prepartido, con toda a viaxe, para quitar os nervios e coñecer canto antes o desenlace que todos estamos agardando”, comentou Yago Iglesias en rolda de prensa. O adestrador relata que será unha vivencia única que queren aproveitar e para iso o equipo “ten as mesmas ganas e fe que a semana pasada para sacar isto adiante e para estar ás dúas da tarde noutra categoría”.

O técnico sabe que agora están ante unha final e que as posibilidades son iguais para ambos conxuntos. “O rival vai ser o mesmo e a súa proposta semellante, pero antes había 180 minutos por diante, e non queríamos perder todo no primeiro encontro, mentres que agora podemos dicir que é unha final e que, visto o visto, está ao 50 por cento”, analizou. Con todo, o adestrador ribeirense dálle a bitola de favoritos aos locais. “Penso que o Espanyol segue sendo o claro favorito, xa que xogan na súa casa, son un equipo de Primeira División, con xogadores profesionais, con moita rodaxe con xente de maior nivel e que, polas esixencias do club, failles estar na seguinte categoría”, expresou Yago, ao que engadiu que tamén lles afecta o feito de que baixe o técnico do primeiro equipo.

O cadro perico ten un potencial enorme, pero iso non quita que, segundo o técnico branquiazul, o Compos non teña as súas armas para saír vencedores. “Temos o listón posto no encontro do domingo pasado. Debemos manter, canto menos, ese nivel, saír igual de concentrados, traballando en equipo e deixando as individualidades a un lado, sobre todo cando non teñamos a pelota”, argumentou.

Neste aspecto, Yago Iglesias considera que dentro do partido haberá varios encontros. “Hai que ser o suficientemente listo e experimentado para saber o que demanda o xogo e sacar vantaxe desas situacións. Eles son mozos, non teñen experiencia nestes partidos, nós tampouco, pero si que é importante saber que hai que facer en cada momento”, sinalou.

Así, todo o que sexa marcar un gol, complicará o traballo dos locais, polo que o adestrador augura uns primeiros minutos de tenteo e que despois ambos conxuntos se vaian “quitando a máscara”. Segundo cara onde tire a balanza, o final dos 90 minutos será diferente ao domingo, xa que optarán por un perfil máis defensivo ou ofensivo nos trocos. E no caso de seguir todo como o comezo, Yago asegura que os rapaces están preparados para unha prórroga e para o que poida vir despois.

Si que se poderán ver trocos no once inicial no caso do Espanyol, segundo baralla o corpo técnico. “Se queren ser máis verticais optarán por outro tipo de xogadores, malia que a súa filosofía é a que vimos aquí”, sentencia. Por isto, di Yago que a clave pasa polo feito de que as individualidades dos nosos aparezan e que defensivamente se sigan tapando as deles.

Por último, no que se refire ao apoio da grada, o conxunto sabe que as circunstancias serán distintas pero confían na afección. “Non é o mesmo xogar con 3.000 persoas a favor que con mil en contra, pero agardemos que ese centenar que se desprace, que espero que poidan ser máis, se fagan notar cos seus cánticos e as súas bandeiras por enriba dos do equipo rival”, declarou o adestrador.

Con todos os xogadores a súa disposición e embarcados cara Barcelona, queremos volver sendo doutra categoría. Queda unha fin de semana por diante que pode quedar marcada para a historia da SD Compostela, pero para iso todos, dende os futbolistas, ata o corpo técnico, directivos, traballadores do club e sen esquecernos, sen dúbida, da nosa gran afección, temos que facer o que teñamos na nosa man para axudarnos mutuamente neste gran reto. So queda unha final para lograr o soño.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Club Deportivo Lugo B ⚽️ Previa do noso adestrador sobre o partido dos nosos en Lugo, este domingo ás 16:30 horas#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Moito ánimo, Marco Baña 🩵🤍 O noso xogador foi operado con éxito do xeonllo dereito tras sufrir unha lesión ligamentosa O noso canteirán comeza o proceso de recuperación, acompañado polos nosos servizos médicos e recuperadores Volverás máis forte ca nunca! 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Nova saída para os nosos na liga⚽️ 𝐗𝟐𝟒🆚 Club Deportivo Lugo B🗓️ Domingo, 8 de marzo🕟 16:30 horas🏟️ A ChedaEste domingo, buscaremos recuperar a senda do triunfo en Lugo! 🙌#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ O equipo regresa esta tarde aos adestramentos🏟️ Comeza a preparación para a visita ao filial do Lugo#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.