Golpe de mala fortuna no Estadi Olímpic

3 de Xuño de 2018
Róber presiona ao porteiro local Ortega. Foto: Amadeo Rey.
Róber presiona ao porteiro local Ortega. Foto: Amadeo Rey.
  • A SD Compostela perdeu por 2-0 nun partido moi igualado

  • Os locais tiveron un gran acerto de cara ao arco e beneficiáronse dun gol en propia de Álvaro Casas nunha falta inexistente

Santiago de Compostela, a 3 de Xuño de 2018.

Barcelona non está a ser o lugar idóneo para este Compos no playoff de ascenso. Por segunda xornada consecutiva, a SD Compostela caeu na cidade condal, esta vez por 2-0 no Estadi Olímpic ante o Terrassa FC. Os branquiazuis levan un mal resultado para a volta, pero confían na remontada en San Lázaro.

A herba artificial pasou factura a un Compos que non puido xerar o seu mellor fútbol e que encaixou dous tantos na segunda metade. O primeiro de Fran Piera no 47 e o segundo grazas a un tanto de Álvaro Casas en propia porta no desconto, nunha falta colgada que nunca debeu existir.

Xa avisaba Yago Iglesias na previa que os condicionantes do encontro levaban a realizar cambios no once inicial e, fiel á súa palabra, o técnico expuxo no Estadi Olímpic de Terrassa certas variacións respecto da eliminatoria anterior, como foi a entrada de Mon no dobre pivote con Tomás e a de Rubén en banda esquerda.

Con estes xogadores, o equipo tentou desde un principio evitar calquera risco en fase defensiva e despois tentar crear perigo a través de xogadas combinadas en campo rival.

Con esta predisposición, os primeiros achegamentos á área foron visitantes, sobre todo, a base de centros laterais. Varios deles chegaron tras senllos lanzamentos de falta, xa que os locais evitaban calquera indicio de perigo con continuas infraccións.

Pola súa banda, o equipo local tentaba xerar o seu perigo a través de longos desprazamentos de balón cara ás bandas. Nunha delas, Daisuke controlou antes que puidese atrapar Lucas, pero non foi capaz de acertar coa portería no seu intento de vaselina.

Con estas escasas aproximacións, o partido foise ao tempo de descanso co empate a cero. Con todo, á saída dos vestiarios, o Terrassa daría rápido coa tecla. Fran Piera controlou só, encarou cara a dentro e rematou cruzado desde o bordo da área, mandando o balón ao fondo da rede e adiantando ao cadro local.

Co tanto, o Terrassa veuse arriba e tivo unha segunda oportunidade nun centro chut de Guti que despexou Lucas a córner. Con todo, o Compos rapidamente volveu coller as rendas do choque e estaría preto de lograr a igualada.

Primeiro, Róber rematou de cabeza ao pau, tras parada de Ortega, nunha acción que o árbitro invalidou por fóra de xogo. E despois, Primo remataría fóra unha falta colgada ao segundo pau por Mon, na que o porteiro xa estaba vendido.

Os vermellos volverían asustar nun remate de Sergi Valls, a centro de Nils Puchades, que atrapou Lucas, pero sería unha miraxe xa que o encontro estaba envorcado cara á meta local. Este dominio fíxose máis palpable trala expulsión, por segundo cartón amarelo, de Guti, pero a sorte volveulle a ser esquiva aos de Yago Iglesias.

Primo reclamou unha caída na área, tras agarrón dun xogador local, no 80, pero, de novo, o árbitro decidiu non decretar nada. E no 90, chegaría a máis clara. O balón quedou botando na frontal da área e Diego Re y empalouna de primeiras, pero o balón marchouse rozando o pau, evitando que a igualada subise ao marcador.

A pesar diso, o peor estaba por chegar. No 92, nunha falta que nunca debeu existir, porque non houbo nada, Álex Fernández colgou o balón á área e Álvaro Casas, no seu intento de despexe, meteu a pelota na súa propia portería. O que lle faltaba ao partido.

Con esta acción de moi mala fortuna o duelo chegaba ao seu final e os locais celebraron un gran resultado para eles. Con todo, os nosos teñen que confiar. Ao longo da tempada demostraron a súa gran valía e neste momento non pode ser menos. O vindeiro domingo, ás 20.00 horas, San Lázaro ten que estar a rebentar para axudar a que estes xogadores lle poidan dar a volta á eliminatoria.

FICHA TÉCNICA:

2-Terrassa FC: Ortega; Yayá Sidibe, Sergi Valls, Amantini, Guti; Ferreira, Guzmán, Fran Piera (David López, m.79); Daisuke, Nils Puchades (Álex Fernández, m.75) e Toro (Civil, m.65).

0-SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira; Tomás (Diego Rey, m.71), Mon; Róber (Sobrido, m.87), Álex Ares, Rubén (Ube, m.57); e Primo.

Goles: 1-0: Fran Piera, min.47; 2-0: Álvaro Casas (p.p), min.92.

Árbitro: Sánchez López, comité aragonés. Expulsou, por dobre amarela, a Guti (m.78). Ademais, amoestou a Yayá Sidibe, polos locais; e a Cardeñosa, Rubén, Álvaro Casas, Saro, Primo e Naveira, polos visitantes.

Incidencias: Partido de ida da Segunda Eliminatoria de Playoff de Ascenso á Segunda División B disputado no Estadi Olímpic de Terrassa ante 4.200 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.