A segunda oportunidade comeza en Terrassa

1 de Xuño de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/FRqHq8yjo78″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Yago considera ao Terrassa FC un calco da SD Compostela no grupo 5

Santiago de Compostela, a 1 de Xuño de 2018.

A fantástica tempada realizada pola SD Compostela permítelles, trala eliminación contra o RCD Espanyol B, gozar dunha segunda oportunidade para lograr o ansiado ascenso. Para alcanzar este obxectivo, o comezo desta nova etapa terá como punto inicial, outra vez, a cidade condal. O Terrassa FC será o rival ao que se teñan que medir os branquiazuis na segunda eliminatoria.

A diferenza do duelo anterior, o primeiro partido xogarase en campo rival. A partir das 18.00 horas deste domingo, o Estadi Olímpic de Terrassa acollerá a ida dun cruzamento entre dous conxuntos cunhas características moi similares.

“O Terrassa é un calco do Compostela, pero no grupo 5, tanto na súa idea de xogo, como nos principios tácticos para sacar o balón desde atrás ou como levar a pelota a campo rival”, sinalou Yago Iglesias en rolda de prensa. Ademais, engadiu que son un equipo que lle gusta ter o balón e que, coas condicións do seu terreo de xogo, engádelle un maior mérito.

“É un conxunto de menor calidade que o Espanyol, porque era o mellor a nivel nacional, pero teñen un gran nivel, con xogadores de moita calidade, como así o demostra a eliminación a un segundo clasificado”, explicou o técnico.

Analizando en profundidade ao rival, o adestrador branquiazul definiuno como “un equipo moi compensado, que, sen ter grandes nomes na categoría, si teñen moito peso no equipo”. Entre os seus xogadores destacou a Ortega, “un porteiro con moita calidade técnica”, a Guzmán, “un medio similar a Samu, con gran saída de balón”, e a unha dianteira con xente moi rápida e con gol. Con todo, Yago deixou claro que máis que polas súas individualidades, o que máis destaca é o colectivo.

Outro aspecto para ter en conta polo Compos será o estado do terreo de xogo, un campo de herba artificial moi gastado. “Parecer ser que o regan moito para que o balón escorregue, pero teremos que velo o mesmo día porque parece que chove”, comentou o ribeirense. Esta necesidade de pisar o campo provoca que o corpo técnico, aínda que leve unha idea desde Santiago, non tome a decisión final sobre a aliñación ata o último momento, malia que a idea é que poidan variar a idea de xogo sen ter que cambiar a ningún xogador.

Así, os condicionantes que definirán o once, segundo Yago, serán: “o rival, os 180 minutos que hai por diante, que se xoga o primeiro partido fóra, o tipo de terreo de xogo e a nosa formulación futbolística co que buscaremos achegar a eliminatoria aos nosos intereses”.

Estes son motivos suficientes para que o técnico opte por algún cambio no once, aínda que non revelou ningunha pista. O que si teñen claro é que están ben de moral, xa que son uns privilexiados por estar a estas alturas aínda no playoff, e que teñen que seguir coa dinámica mostrada nos partidos de visitantes durante todo o ano.

“Debemos ter a mesma efectividade que durante a tempada, na que marcamos en todas as saídas. Non é o mesmo vir cun 1-0, que cun empate a goles ou mesmo un 2-1”, concluíu.

Mañá, a partir das 21.15 horas, o equipo poñerá inicio a esta segunda viaxe do playoff. Comeza unha segunda etapa para alcanzar un mesmo soño, o ascenso á Segunda División B. Para iso, a primeira pedra deberá colocarse o domingo no olímpico.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ CD DERIO 👉 Citados todos os xogadores dispoñibles para os 1/16 de final da #CopaFederación, co regreso de Pablo Crespo e a entrada de Arrojo, da Canteira Picheleira #composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMOS PARTIDOS CONFIRMADOS⚽️ Xornada 3🆚 Sestao River Club 🗓️ Domingo, 20/09🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por 𝐃𝐮𝐫𝐦𝐞𝐭⚽️ Xornada 4🆚 SD Eibar B🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ CD Areitio 1#compossestao #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ E o domingo, segunda xornada de liga e primeira viaxe da tempada🆚 Club Portugalete Fundado 1909 🗓️ Domingo, 13/09🕦 11:30 horas🏟️ La Florida📺 Football Club #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜🏆 Este mércores temos cita na nosa casa cos 1/16 da #CopaFederación🆚 CD DERIO 🗓️ Mércores, 09/09🕖 19:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Abonados - Gratis | Xeral - 10€ | Menores de Idade - 2€👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 PARTIDO PATROCINADO🚗 🎟️ Mobify foi o patrocinador do #composmarino🙌 RECORDA! A compañía que lidera a mobilidade sostible en Galicia agasalla con 10€ de saldo aos abonados do Compos!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.