Diego Rey: “É o momento de gozar, facer as cousas ben e que sexa un gran día para todos”

7 de Xuño de 2018
  • O extremo lamentou a ocasión marrada o outro día, pero asegura que se pode dar a volta aínda que o primeiro gol chegue na segunda metade

Santiago de Compostela, a 7 de Xuño de 2018.

Diego Rey é un dos xogadores da SD Compostela que máis ten marcado o desconto do Estadi Olímpic. No minuto 90, xogada precedente ao segundo gol do Terrassa FC, o extremo lucense non foi capaz de aproveitar un remate franco desde a frontal. Esta xogada quedoulle gardada na mente e por iso espera desquitarse cun gol este próximo domingo.

“Pensei bastantes veces nela, porque pasamos do posible 1-1 ao 2-0. Foi unha xogada de mala sorte para portería, pero esperamos que esta semana teñamos máis e podamos sacar un bo resultado, que non é outro que pasar”, sinalou o lucense.

Como experto en eliminatorias deste tipo, Diego recoñeceu que non fai falta querer que entre o primeiro no primeiro minuto ou anotar os tres xuntos, senón ter paciencia. “Canto antes entre mellor, pero nas eliminatorias, aínda que marques no 60 ou 70 tes máis posibilidades, porque o rival ten máis medo a encaixar”, argumentou.

Para que chegue ese tanto, a clave pasa por “facer as cousas ben e que salga o que adestramos entre semana, porque se non hai sorte, polo menos ser capaces de lograr o resultado que nos meta na seguinte fase”.

Así, recoñece que non teñen nada que perder e se moito a gañar, como llo transmitiu o corpo técnico. “Temos un resultado bastante malo, polo que todo o que veña será bo. Debemos gozar, pensar que hai unha gran cantidade de xogadores que pagarían por xogar este encontro, confiar nas nosas posibilidades, aproveitar o ambiente espectacular de San Lázaro, xogar sen presión, facer as cousas ben e que sexa un gran día para todos”, analizou.

En canto ao rival, sorprendeulle gratamente no partido de ida, pero agarda que sufran nun campo como San Lázaro. “Non é un cuarto calquera, a liga catalá ten un nivel moi alto e en concreto este equipo sorprendeume moi gratamente. Hai que partir da base de que nos tivemos que adaptar ao seu campo, sen logralo, e agora son eles os que teñen que vir a San Lázaro, e aí nós xa temos ese aspecto boto”, recalcou.

Ademais, reafirmouse dicindo que en San Lázaro marcaron moitos goles, polo que as opcións pasar a eliminatoria son moitas, incluso encaixando un tanto. “Nos nosos últimos resultados en casa apenas encaixamos, polo que, se facemos as cousas ben, coa defensa que temos, traballando todos, eles van sufrir e temos grandes posibilidades, pero, aínda encaixando, temos algunha posibilidade”, explicou o extremo.

Por todo iso, o equipo ten a convicción, as ganas e a crenza de que poden pasar a eliminatoria e que lograrán un resultado que lles permita, polo menos, igualar o duelo. No aspecto persoal, vese en moi bo momento e espera ter a oportunidade o domingo en San Lázaro para axudar ao Compos a pasar á seguinte fase.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.