Información para afeccionados sobre entradas, portas de acceso e seguridade

8 de Xuño de 2018

Santiago de Compostela, a 9 de Maio de 2018.

O domingo, día de partido, tanto as oficinas do club como as billeteiras (Número 1 e 4) abrirán ás 18.30 horas, unha hora e media antes do asubío inicial.

Os abonados que desexen retirar a súa entrada o día de partido terán que facelo nas oficinas do club, xa que as billeteiras 1 e 4 estarán só dispoñibles para NON abonados. Con esta medida búscase evitar a aglomeración de xente nun único punto do campo, razón pola cal tamén recomendamos acudir a San Lázaro con tempo de adianto.

Para os afeccionados que teñen a súa entrada para a grada de Tribuna, abriremos as portas 2 e 16. A primeira delas está a carón da billeteira 1 e a segunda a carón da billeteira 4 e das oficinas, polo que facilitamos, deste modo, o acceso, tanto duns como doutros.

Para as persoas que vaian á grada de Preferencia, a súa porta de acceso será a 9. O prezo para esta grada é o mesmo que para Tribuna.

Para os afeccionados visitantes no haberá unha zona especial, malia que estarán todos na grada de Preferencia, xa que cremos que ambas afeccións poden gozar dunha boa conciliación, axudando a que o partido sexa toda unha festa do fútbol.

A porta de acceso para o palco de honra e para medios de comunicación será, como habitualmente, a porta 1.

Seguridade

Dentro do dispositivo de seguridade montado para este partido, en cada unha das portas de acceso haberá policía, controladores de acceso e vixiantes, polo que se realizarán cacheos no control de seguridade de acceso á bancada.

Queda totalmente prohibida: a introdución de calquera obxecto superior a 500 gramos que poida ser arroxado ao campo, introducir petardos, bengalas ou explosivos, introducir calquera tipo de bebida alcohólica, introducir ou portar calquera tipo de arma, introducir ou exhibir calquera tipo de pancarta que inciten á violencia, participar en altercados ou pelexas, irromper no terreo de xogo ou realizar cánticos, expresións, sons ou actitudes que inciten á violencia ou ao terrorismo.

Se sucede algunha destas circunstancias, a federación multaría ao club e ao afeccionado implicado e a policía expulsaríao inmediatamente do campo.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.