Prezo entradas para a volta contra o CF Salmantino UDS

14 de Xuño de 2018

Prezo-Entradas-Playoff-vs-CF-Salmantino-UDS

Santiago de Compostela, a 14 de Maio de 2018.

Desde esta mañá, as oficinas do club e os locais habilitados teñen á venda as entradas para o partido de volta contra o CF Salmantino UDS, que se celebrará o vindeiro domingo ás 19.00 horas no Estadio de San Lázaro.

Os prezos para a volta da Final do Playoff de Ascenso á Segunda B serán moi similares ao da anterior eliminatoria. Os abonados adultos terán que pagar 5€, mentres que os menores entrarán gratis, previa retirada da súa invitación. Para os non abonados, o prezo para os adultos é de 10€ e gratis para os menores de idade, tamén tendo que retirar a invitación nas oficinas ou na billeteira o día de partido.

Do mesmo xeito que en anteriores eliminatorias, as entradas venderanse primeiro para tribuna, tendo os abonados un sitio reservado, e cando se esgoten empezará a venda para a bancada de Preferencia, ao mesmo prezo. Pola súa banda, nos locais só se venderán entradas de adultos de Preferencia.

Os locais habilitados para esta ocasión son os mesmos que a última vez: Cafetería Abrente, A Nave de Vidán, Cafe-Bar Rosaleda, Café-Bar París, Cafetería Milongas, Restaurante Santa Isabel, Restaurante Paz Nogueira, Viñoteca Ventosela e as tres Bodeguillas: San Lázaro, Santa Marta e San Roque.

Nas oficinas poderanse comprar as entradas de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, aínda que este xoves e venres, de forma excepcional, pechará as súas portas ás sete da tarde. Ademais, o vindeiro sábado 23 tamén abrirá, de 11.00 a 13.00 horas.

O día de partido, os abonados que retiren a súa entrada ese día deberán facelo nas oficinas do club, mentres que para os non abonados terán dispoñibles as billeteiras 1 e 4. Ambas zonas abrirán ás 17.30 horas, unha e media antes do comezo do duelo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎟️ RECORDA! Cada abonado pode retirar 1⃣ invitación gratuíta* para o partido de mañá📲 Só online!👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Apoia os nosos a polo triunfo 🩵🤍* Invitación gratuíta + gastos de xestión📸 Nacho Castaño #composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 @viveirocf2015 🩵🤍 Os nosos para o partido de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete👉 Entra Turby, da Canteira Picheleira #composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Viveiro CF ⚽️ Previa do noso adestrador antes do partido deste domingo ás 18:00 horas no Vero Boquete. Será a estrea dos nosos na casa neste 2026#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🆕🏠🩵🤍⚽️ David Rosón xa completou os seus primeiros adestramentos como novo xogador do Compos😃 Moitas gañas de verte debutar na túa nova casa 📸 Nacho Castaño#benvidorosón ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.