Un empate a goles para rematar en San Lázaro

17 de Xuño de 2018
Momento no que Naveira remata ao fondo da rede. Foto: Amadeo Rey.
Momento no que Naveira remata ao fondo da rede. Foto: Amadeo Rey.
  • Os branquiazuis adiantáronse na primeira metade, pero encaixaron a igualada na segunda, nunha acción con polémica

Santiago de Compostela, a 17 de maio de 2018.

O Compos logrou no Helmántico un dos seus obxectivos, marcar gol no campo rival, pero non alcanzou o segundo, a vitoria, con todo, leva un empate a goles que lle permite aos nosos pensar en rematar a faena na volta, un bo resultado que para soñar con alcanzar algo grande en San Lázaro, arroupados pola maior cantidade de público posible.

Naveira, no 42, adiantou aos nosos cun cabezazo que entrou pegado ao pau, pero Ortiz, no 58, tras unha acción que pode vir precedida de falta, empatou un marcador que xa non se moveu ata o final.

Sen temer a nada nin a ninguén, e axudados polo medio milleiro de espectadores desprazados desde a capital de Galicia, a SD Compostela saltou sen complexos ao Estadio Helmántico. A súa intención, aproveitando o bo estado do terreo de xogo, era ser o Compostela de San Lázaro.

Así, a base de posesión, os visitantes tranquilizaban os ánimos do público. Con todo, o primeiro disparo a porta foi do lateral esquerdo local Coque, quen lle pegou forte de lonxe, pero atrapou ben Lucas.

Foi unha miraxe, os branquiazuis levaban o peso do encontro e aproximáronse, primeiro, cun lanzamento de falta de Álex Ares que saíu rozando o traveseiro, e despois, cun golpeo de Saro desde a frontal, ao percutir para dentro tras roubo, que saíu rozando o pau da meta de Rodri.

O Salmantino respondeu, á media hora. Con balóns colgados tentaba xerar perigo e logrouno en varias accións, ambas culminadas por Garban. Unha volea arriba desde a frontal, tras un despexe dun córner, e un remate fóra desde o segundo pau, levantaron ao público local.

A pesar diso, nun novo arreón visitante, e demostrando o carácter destes xogadores, Saro combinou para Rubén, o extremo situouse e centrouna ao segundo pau onde apareceu Naveira para anotar de cabeza. O primeiro tanto do ano para o coruñés e no momento máis importante.

O gol chegou no 42, pero os locais aínda conseguiron xerar perigo en dúas faltas colgadas á área, Lucas chapou con solvencia a primeira e parou a segunda, malia que esta estaba anulada por fóra de xogo.

Á volta dos vestiarios, o Compos tivo o segundo nada máis saír, nun control de Diego Rey no punto de penalti, pero o lucense non foi capaz nin de tirar nin de dar unha asistencia. Foi un aviso ao que rapidamente contestarían os locais, apoiados pola súa afección.

O Salmantino foise arriba, e con balóns colgados ás bandas, tentou levar o perigo á meta visitante. Murci, cun remate de cabeza picado que se foi arriba e outro tiro cruzado que tapou con solvencia Lucas, avisou antes de que caese o empate.

A xogada do tanto vén precedida de dous choques entre rivais, no que nun deles cae Samu, pero o árbitro non sinalou nada. Aproveitándoo, Amaro chegou a liña de fondo, centrou raso e o balón, tras pasear pola área pequena, empuxouno Ortiz á rede no segundo pau.

Coa igualada, os locais seguírono tentando, pero de novo apareceu Lucas para salvar, en dúas ocasións de Murci, aos branquiazuis. Primeiro, despexou coa man abaixo un centro raso desde a esquerda que ía dirixido ao pé do dianteiro, e despois, nunha xogada revolta, parou de socato outro remate do ‘9’ local.

Antes do final, Sobrido tivo a última oportunidade visitante, cun zurdazo que lle saíu centrado e atrapou Rodri. Con todo, o marcador xa non se moveu e o partido acabou con este empate a un gol que permite ilusionar á parroquia santiaguesa.

A comuñón entre público e equipo, no Helmántico, foi excepcional, polo que dentro de sete días San Lázaro debe estar a rebentar para acabar de rematar a faena, no que será xa unha verdadeira final polo ascenso. O Compos necesita o agarimo da súa afección para facer bo o resultado acadado hoxe e acabar todo no noso fortín.

FICHA TÉCNICA:

1- CF Salmantino UDS: Rodri; Tyson, Tejedor, Marco, Coque; Jehu, Juanan, Garban (Caramelo, m.77), Ortiz (Saúl, m.81), Amaro (Izazola, m.84); e Murci.

1- SD Compostela: Lucas; Saro, Álvaro Casas, David Uña, Naveira; Samu, Tomás (Mon, m.61); Diego Rey (Sobrido, m.52), Álex Ares, Rubén (Santi, m.74); e Primo.

Goles: 0-1: Naveira, min.42; 1-1: Ortiz, min.58.

Árbitro: Moura Correas, comité castelán manchego. Amoestou a Murci e Caramelo, polos locais; e a Naveira, polos visitantes.

Incidencias: Partida de ida da Final do Playoff de Ascenso á Segunda División B disputado no Estadio Helmántico ante 7.000 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.