Álvaro Casas: “O ambiente do domingo será unha pasada e oxalá acabemos co ascenso”

19 de Xuño de 2018
  • O santiagués augura un encontro moi difícil que hai que vivir co corazón quente, pero a cabeza moi fría

Santiago de Compostela, a 19 de Xuño de 2018.

A SD Compostela goza este martes do seu día libre para recargar forzas para a Final do Playoff de Ascenso á Segunda B. Con todo, xogadores e afección, están a desexar que chegue ese día para buscar que non sexa un domingo calquera. Entre eles, Álvaro Casas, quen afronta o seu primeiro playoff, confía en cada un dos seus compañeiros para acabar logrando o obxectivo.

“Esta semana é diferente á demais, xógasta na casa, coa túa xente, vai vir moita de Salamanca, polo que o ambiente vai ser unha pasada o domingo e oxalá se acabe co ascenso, que é o que queremos todos”, explicou Álvaro Casas en rolda de prensa.

O central, que xogou todos os partidos destas eliminatorias, asegurou que o equipo está mentalizado para o encontro do domingo. “Sabemos que é unha final, un partido a todo ou nada e do que dependerá estar o ano próximo en Segunda B ou en Terceira”, dixo.

A pesar de que chegan algo cansos, despois de 11 meses de tempada, Casas manifestou que sacarán forzas de onde sexa, tanto mentais como físicas, para gañar o partido. “O playoff foi un sobe e baixa de emocións, empezando con moitas ganas contra o Espanyol, pero despois sufrindo o noso peor momento entre o Dani Jarque e a ida contra o Terrassa. Despois, veu a remontada e o empate en Salamanca que nos dá ese empuxe para ir a polo partido”, analizou.

A pesar diso, o central advertiu que, malia que confía plenamente en cada un dos seus compañeiros para lograr o obxectivo, deben ter a cabeza moi fría. “Nestes partidos hai que ir co corazón quente, pero a cabeza moi moi fría e máis contra un rival que empezou perdendo 2-0 contra o Poblense, tamén contra o Mutilvera, e mesmo remontando en todos os partidos de local, polo que seguro que non lle perderá a cara ao partido en ningún momento”, argumentou.

Ademais, enxalzou as calidades dun CF Salmantino UDS que non lle sorprendeu na ida. “Eles son un equipazo, a pesar de ser un cuarto, o seu grupo é moi complicado, saben ao que xogan, son moi físicos e curtidos nestes partidos, e non lles pesa a presión. Ademais, saben que cun gol complícannos as cousas, así que nós temos que pensar que quedamos a ceros na ida e ir gañar”, detallou.

Precisamente, respecto do último, Álvaro recalcou en que o de Salamanca é pasado e que hai que centrarse só nesta final. “Aínda que recibamos un gol, temos que seguir xogando, pero o obxectivo é manter a nosa portería a cero e ir a gañar”, sentenciou.

Co apoio dunha afección que non para de mercar entradas, tanto nas oficinas do club como nos locais habilitados para a venda, Álvaro e todos os seus compañeiros esperan alcanzar ese soño polo que levamos peregrinando toda a tempada.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🏟️🩵🤍 Este sábado, o primeiro gol témolo que marcar xa dende a bancadaO Vero Boquete ten que ser un fortín, como o foi noutros play off!! 💪Entre todos, acadaremos a clasificación e celebrarémolo xuntos 🫂👉 Recorda que se eres abonado, ademais de entrar gratis, podes retirar unha entrada a maiores por 5€ (ata o venres ás 15:00 horas na Oficina, Tenda ou online)📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comeza o traballo para o duelo crucial deste sábado na nosa casa👉 Os nosos inician os adestramentos esta tarde e terán catro sesións para a volta do play off💪 Traballo intenso e duro para, coa axuda de todos, superar a rolda#composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Este sábado, a certificar o pase na nosa casa!!!⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/👉 Abonados: Gratis🙌 PROMOCIÓN ENTRADAS: Cada abonado pode retirar, a maiores, unha entrada por 5€ (ata o venres ás 15h), na Oficina, na Tenda ou Online (neste caso, hai que sumar os gastos de xestión)🏟️ Para público xeral, as entradas poden mercarse online ou o sábado no Despacho de Billetes#composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Feliz #DíaDasLetrasGalegas!! 🩵🤍 Neste día, compartimos o documental da Real Academia Galega sobre a escritora e xornalista, homenaxeada este anoDestacamos o seu compromiso coa lingua e a cultura galega, un exemplo de defensa da nosa identidade🎥 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINALRACING CLUB VILLALBÉS 0️⃣-0️⃣ COMPOSO Compos non pasa do empate, pese ás oportunidades, e queda todo pendente para a volta na nosa casa!Grazas a todos por acompañarnos en Vilalba! A pola volta co voso apoio!!📸 Nacho Castaño #villalbescompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.