25 de xuño, Día 1 da segunda etapa deste proxecto na súa peregrinación cara un soño

25 de Xuño de 2018

Santiago de Compostela, a 25 de Xuño de 2018.

“…xa sexa en Primera ou en Terceira División”, reza un dos cánticos múltiples cánticos da SD Compostela. Onte, en San Lázaro, esta afirmación cumpriuse máis que nunca. Máis de 7.000 gorxas alentaron aos nosos xogadores para lograr ese ansiado ascenso, pero non puido ser. Foi un dos días máis fermosos, por todo o ambiente, pero á vez máis tristes, no que sufrimos a cara máis amarga do chamado deporte rei.

Este deporte chamado fútbol mobilizou a toda a cidade de Santiago este 24 de xuño, día de San Xoán. Na noite máis especial, coas cacharelas, din que se botan as meigas fóra, pero semella que algunha quedou para evitar que este equipo conseguise perforar a portería rival nalgunha ocasión.

Pese ao enorme esforzo duns xogadores que honraron a camiseta que visten, dun corpo técnico que buscou mil e unha alternativas e un San Lázaro a rebentar, como había tempo que non se vía, a fortuna quixo que un solitario tanto de Garban evitase que os branquiazuis celebrasen un merecido ascenso.

Foi un pau duro, un golpe forte, pero se algo ten este club é que se sabe levantar cando peor pintan as cousas. Certo é que non se logrou o ascenso, pero non se pode xulgar unha tempada por un único partido ou un gol.

Estes xogadores que onte se laiaban no campo, derrubados pola dor de non conseguir o seu obxectivo, fixeron unha grandísima tempada, cun campionato de liga incontestable, no que acadaron récords inimaxinables, e un playoff no que non obtiveron ese premio que tanto merecían, pero no que se deixaron a pel ata o último segundo da final.

Ese esforzo foi honrado pola afección, xa non so onte, senón neste último mes e medio. A gran labor feita durante todo o ano, así como o esforzo en cada encontro, levou ao equipo a enganchar a toda a cidade. O ambiente de onte, ou do día contra o Espanyol ou Terrassa, é un premio ao traballo ben feito durante o curso, pero non debe quedar aí.

Hai dous veráns, o club decidía apostar por Yago Iglesias para comandar un novo proxecto na Terceira División co obxectivo de devolver a medio ou longo prazo a posición onde merece estar esta entidade, pero sempre a través de xogadores novos, da casa e para a xente de aquí.

Dous anos máis tarde, ese proxecto, guiado por Yago e o seu corpo técnico, está integrado por uns xogadores cunha media de idade de 23 anos, que mostran un gran trato do balón, buscando o dominio dos partidos a través da posesión, e cunha entrega propia de xogadores veteranos.

Esta vez caeuse na “orilla”, cando parecía que a peregrinación de todo o ano nos ía levar a ese soño, pero toca levantarse máis fortes e repoñer forzas para unha segunda etapa deste camiño. Esta segunda fase da peregrinación comeza hoxe mesmo e para ela debemos seguir encamiñándonos a este proxecto tan ilusionante.

Das derrotas tamén se aprende, polo que xogadores, corpo técnico, directiva e afección debemos axudarnos deste episodio para guiar a este club a unha nova xesta histórica. Vos sodes o pulmón que lle da ese plus de forza no campo a uns xogadores que xa coñecemos e que se encargarán de facer triunfar este proxecto.

Xuntos, cunha forza tan grande como a mostrada este mes e medio, o equipo volverá a onde merece. Dende o primeiro ata o último, necesitámosvos a todos nesta continuación da peregrinación.

Hoxe, luns 25 de xuño, é o Día 1 no que este proxecto arrinca a segunda etapa desta peregrinación cara un soño.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
⏰ E para a semana... PROMOCIÓN DE ENTRADAS tamén para o derbi do domingo na nosa casa 🩵🤍x28 🆚 Bergantiños FC - Escuelas Luis Calvo 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo, 23 de marzo🕔 17.00 horas🤝 Grupo Alumisan 🎟️ Cada abonado maior de 17 anos pode retirar 1 invitación para o partido (só online)* 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/*Promoción ata o domingo 23 ás 15.00 horas#composbergan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado partido aprazado e PROMOCIÓN ENTRADAS 🩵🤍x20 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 🏟️ Vero Boquete🗓️ Mércores, 19 de marzo🕘 21.00 horas🎟️ Cada abonado maior de 17 anos pode retirar 1 invitación (só online e ata mércores ás 19.00)📣 Ademais, para estudantes da #USC, 1⃣0⃣0⃣ entradas a 1€*👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/* 📲 A promoción da #USC é exclusiva online (dispoñible ata o mércores 19 ás 19.00 horas) 🏟️🎟️ Será obrigatorio presentar a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI), xunto coa entrada, no acceso ao Estadio#composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔹 A SD Compostela en colaboración con Turismo de Galicia organiza a II edición das xornadas sobre "Tecnoloxía e Deporte"🗓️ Xoves, 20 de marzo🕡 18.30 horas📌 Museo das Peregrinacións (Santiago de Compostela)🙌 Entrada libre e gratuíta ata completar aforo🎟️ Inscricións 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/14923/15082+ℹ️ 👉 sdcompostela.com/gl/2025/03/11/tecnoloxia-e-deporte-xornada-compos-2/#TecnoloxíaeDeporte ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🎯 A polo triunfo no derbix27 🆚 CORUXO F.C. 🏟️ Campo do Vao🗓️ Domingo, 16 de marzo🕔 17.00 horas📺 En Xogo #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️⚽️ Semana de adestramentos previstos para preparar o derbi contra o CORUXO F.C. #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.