Josiño Filgueira: “Creo que o Compos é o club perfecto para min”

9 de Xullo de 2018

Presentación Josiño Filgueira

Santiago de Compostela, a 9 de Xullo de 2018.

Jose Filgueira Pazos, Josiño, foi presentado esta mañá nas instalacións de Segundo Rey  SL, no polígono Novo Milladoiro, como novo xogador da SD Compostela, conxunto ao que chega procedente do Ribadumia e co que espera comezar a traballar canto antes.

No acto, Josiño estivo acompañado por Ramón Castro, director das relacións institucionais do club, Javier Puñal, director de marketing da entidade, e Segundo Rey, administrador da empresa de construción e cociñas.

Antes os medios, o novo xogador do Compos declarou que está a desexar axudar ao equipo para lograr o obxectivo marcado e gozar dunhas instalacións que considera as mellores da categoría. “Chamáronme un día e ao seguinte xa lles dei o si, porque creo que é o club perfecto para min e ten moita historia”, comentou e engadiu que: “San Lázaro é incrible, o mellor da categoría sen dúbida, e as instalacións de adestramento tamén”.

A nivel persoal, Josiño definiuse como un “xogador novo, con moitas ganas de crecer, que lle gusta recibir o balón ao pé e moi traballador”. Ademais, sinalou que se sente máis cómodo xogando en posicións interiores, malia que “non me importa estar por fóra ou por dentro”.

De momento, pola filosofía de Yago Iglesias, sabe que el e os seus compañeiros contarán con oportunidades. “É positivo para o grupo manter a todos enganchados e que nos notemos partícipes dos logros do equipo”, explicou. Dentro del, o mediapunta xa coincidiu con Ube e Naveira noutros conxuntos.

Xuntos, todo o plantel ten claro cal é o obxectivo e loitarán ata o final por conseguilo, nunha tempada na que a liga será case como unha Segunda B. “Será moito máis bonita. Xogaremos na Malata e noutros estadios e vai ser moi emocionante”, sentenciou.

Por último, Josiño dixo que espera superar os rexistros goleadores do ano pasado, nos que anotou oito goles, e que estes poidan axudar ao equipo para alcanzar as metas marcadas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 2🩵🤍 O adestrador do Compos analizou como está o plantel, as claves do partido contra o Portugalete e o estilo que quere imprimirlle ao equipo #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎟️📺 ENTRADAS e TV🏟️ Este domingo, ás 11:30 horas, visitamos o Campo La Florida para medirnos ao Club Portugalete Fundado 1909 🎟️ 16€ Adultos | 8€ 15-24 Anos | 2€ 6-14 AnosO partido tamén se pode seguir pola Plataforma de pago FootballClub 👉 www.footballclub.pro/partidos#portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜🎯 #portucompos🙌🧐 Centrados en conseguir os primeiros puntos da tempada ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ A eliminatoria de #CopaFederación deixounos o debut oficial de Turby co primeiro equipo e a reestrea de Iago e Roque, co Compos👉 Ademais, Pablo Crespo regresou ao verde tras superar a súa lesión✍️ sdcompostela.com/gl/2026/09/10/compos-eliminado-copa-federacion/📸 Nacho Castaño#composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composderioAnálise do adestrador do Compos traer caer eliminados da #CopaFederación nos penaltis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.