Brais Abelenda, reforzo para a zona de ataque branquiazul

6 de Xullo de 2018

Brais-Abelenda

  • O dianteiro, con experiencia en Segunda B, firma por unha tempada

Santiago de Compostela, ao 6 de xullo de 2018.

Brais Abelenda Negreira (Bembibre, 1995) converteuse esta tarde en novo xogador da SD Compostela. O dianteiro, con experiencia en Segunda División B, firma por unha tempada co conxunto branquiazul, regresando a Santiago, cidade onde xogou na súa etapa de xuvenil.

O cuarto reforzo para o proxecto compostelanista é un dianteiro novo, aínda que tamén pode actuar en banda, que desenvolveu a súa carreira futbolística, principalmente, no Racing de Ferrol, conxunto do que procede.

Tras xogar o último ano de xuvenís no Levante de División de Honra, o novo xogador do Compos regresou a Galicia para competir no seu primeiro ano sénior no Racing de Ferrol. Tras unha primeira parte de ano con escaso protagonismo, no mercado de inverno marchouse ao Cerceda, onde xogou 15 partidos, sete deles de titular, e marcando dous goles.

Ao seguinte curso, tras realizar a pretempada no Racing de Ferrol, foi cedido ao seu filial de Terceira División, o Galicia Mugardos. Alí, o dianteiro disputou 35 encontros de liga, todos menos dous desde o once inicial, nos que anotou nove goles, o seu récord goleador nunha campaña ata o momento.

O seu bo rendemento en Terceira deulle a oportunidade de novo de xogar en Segunda División B co Racing de Ferrol os dous últimos cursos. En ambos anos,  Brais foi de menos a máis, gañando protagonismo a medida que avanzaba a tempada. En total, o punta xogou 45 encontros, once deles saíndo de inicio, aos que sumou os partidos de Copa Deputación e Copa do Rey. Pechou a súa etapa na cidade departamental con catro dianas.

Coa súa chegada ao Compos, Brais espera recuperar a continuidade no xogo e demostrar o nivel que atesoura, o cal lle levou a poder competir nun conxunto de Segunda División B como o Racing de Ferrol.

Coa súa incorporación, a SD Compostela asina ao seu cuarto reforzo e aumenta a cifra de xogadores ata os 16, con doce que seguen no proxecto.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Volta ao traballo no San Lázaro IIToca repoñerse da derrota de onte, cunha semana na que teremos dobre cita: o mércores, na casa, coa #CopaFederación e o domingo, no País Vasco, coa Liga#composderio #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
✍️ CRÓNICAOs nosos cederon na casa no debut da Liga, nun encontro no que todo saíu cruz🏆 O mércores, unha reválida, tamén como locais, cos 1/16 da #CopaFederación👉 sdcompostela.com/gl/2026/09/06/compos-liga-0-3-marino/📸 Ignacio Castaño Gómez#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #ComposMarino🩵🤍 O técnico valorou en sala de prensa a derrota na estrea no Vero Boquete👉 O adestrador agradeceu o apoio da afección e xa mira ao seguinte duelo, este mércores, na casa, na #CopaFederación 📹 youtu.be/AUhEbJmcBLo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-3️⃣ Club Marino de Luanco📸 Ignacio Castaño Gómez#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ Club Marino de Luanco#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.