Miki, terceiro reforzo para o proxecto branquiazul

5 de Xullo de 2018

Miki Camiseta 1

  • O extremo, que procede do CD Boiro, firma por un ano e caracterízase pola súa velocidade e desborde

Santiago de Compostela, a 5 de Xullo de 2018.

Miguel Villar Alonso, Miki, (Nigrán, 1996) é o terceiro reforzo da SD Compostela para a próxima tempada 2018/19. O extremo, que procede do CD Boiro, firma por un ano coa entidade santiaguesa, máis outro opcional.

O futbolista, de 21 anos, é canteirán do Rápido de Bouzas e ten unha dilatada experiencia, para a súa idade, tanto en Terceira División, na que suma máis de 5.000 minutos de xogo, como en Segunda División B. Disputou xa catro cursos en Terceira, categoría na que debutou no seu segundo ano de xuvenís, e outras dúas en Segunda B, nas filas do Pontevedra CF.

O último curso, Miki foi dos xogadores máis destacados do CD Boiro, sendo un dos que máis minutos disputou de todo o plantel. Pechou o curso con 31 partidos disputados, 25 deles como titular, nos que conseguiu anotar tres tantos.

Anteriormente, a nova fichaxe branquiazul alternou o Rápido de Bouzas, club no que comezou a xogar desde as categorías inferiores e no que deu o salto a sénior no seu segundo curso de xuvenís, e o Pontevedra, conxunto co que debutou na categoría de bronce do fútbol español na campaña 2015/16.

O futbolista de Nigrán, cunha gran proxección futbolística, destaca, principalmente, pola súa rapidez e desborde, que, unidos á súa mocidade e experiencia, convérteno nun xogador destacado dentro do grupo 1 da Terceira División.

Á súa chegada á capital galega, e tras estampar a súa firma, o extremo comentou que se sente con moitas ganas de iniciar esta nova etapa na súa carreira deportiva. “Elixín o Compos polo deportivo, mellor sitio en Terceira non hai ningún. Repetir o do ano pasado será moi complicado, pero tentarei axudar ao equipo para meternos no playoff e despois xa se verá”, explicou Miki Villar.

Coa renovación de Rubén e a fichaxe de Miki, a SD Compostela pecha o 5 de xullo con 15 xogadores con contrato para a próxima tempada, sentando as bases dun proxecto que peregrinará sen cesar por un soño, o ascenso.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Dende o club queremos agradecer o apoio que tiñamos hoxe en Cambados, cun gran número de afeccionados presentes no campo, e lamentamos profundamentamente que non se puidese xogar o encontro Grazas por estar sempre aí! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
❌️ Adiado o partido en Burgáns polo estado do terreo de xogo debido ás inclemencias meteorolóxicas📸 Nacho Castaño #cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️📋 ONCE 🆚 Club Juventud Cambados 🩵🤍 Os nosos para o partido desta tarde#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 A recuperar a boa senda na Liga!🆚 Club Juventud Cambados 🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns🎫 12€#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA 🆚 Club Juventud Cambados 🩵🤍 Os nosos para o partido de mañá en Burgáns ás 17:00 horas#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.