Álex Ares seguirá navegando no proxecto branquiazul

10 de Xullo de 2018

Alex Ares Ribadumia

  • O mediapunta acepta a proposta de renovación da SD Compostela

Santiago de Compostela, a 10 de Xullo de 2018

Álex Ares Piñeiro seguirá no proxecto branquiazul unha tempada máis. O mediapunta de Pontedeume repetirá ás ordes de Yago Iglesias tras aceptar, finalmente, a proposta de renovación da SD Compostela.

O xogador, que chegou o verán pasado a Santiago procedente do Cerceda, converteuse no seu primeiro ano como branquiazul nunha das pezas fundamentais do once, xogando a gran maioría dos partidos e demostrando un gran nivel na zona de tres cuartos de campo.

Ao final do curso, o eumés superou amplamente os 3.000 minutos de xogo, sendo titular nun total de 38 partidos, seis deles do playoff de ascenso a Segunda B, e outros dous máis de liga saíndo desde o banco. A nivel estatístico, conseguiu anotar 12 goles, sendo o segundo máximo goleador do equipo.

Entre os seus momentos máis destacados, queda para o recordo o dobrete marcado ante o Negreira no García Calvo, sobre todo o último no desconto, unha diana que deixou o campionato de liga moi canalizado para os nosos.

A pesar de non acabar logrando o obxectivo do ascenso, Álex Ares quere volver tentar o salto de categoría sendo protagonista no Compos. Buscará repetir unha gran tempada, peregrinando cara a un soño, a división de bronce do fútbol español.

Os afeccionados santiagueses poderán gozar un ano máis da calidade técnica, os goles, as asistencias e os caneos de Álex Ares. Uns momentos que deixaron pegada no corazón dos compostelanistas.

Coa súa renovación, o plantel da SD Compostela está formado xa por 17 xogadores, trece deles que continúan neste proxecto continuísta que quere afianzar o club.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐚𝐦𝐢𝐚𝐧!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a pola vitoria na nosa casa🤝 Partido patrocinado por Jessica Fabeiro ⚽️ 𝐗𝟐𝟏🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso 🫁, Diego Uzal 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.