Samu, Rubén e Álex Ares manteñen o bloque

17 de Agosto de 2018
De esquerda a dereita: Javier Puñal, Álex Ares, Samu, Rubén e Gonzalo.
De esquerda a dereita: Javier Puñal, Álex Ares, Samu, Rubén e Gonzalo.
  • Os tres foron presentados esta mañá na tenda 4-4-2 Botas de Área Central

Santiago de Compostela, a 17 de agosto de 2018.

Samu Rodríguez, Rubén Martínez e Álex Ares decidiron este verán manter o seu compromiso coa SD Compostela para alcanzar ese soño que se lles escapou ao final de todo. Os tres foron grandes protagonistas durante a tempada para o adestrador e este curso buscarán seguir nesa liña.

Para iso, a pretempada está a servir para coller a forma e tamén para mostrar as primeiras boas impresións como na Copa Deputación. Tralo título, os tres futbolistas branquiazuis foron presentados na tenda de 4-4-2 Botas de Área Central, que seguirá apoiando ao club este ano.

O primeiro en falar foi Samu, quen asegurou que o triunfo no torneo estival serviulles para “seguir co refacho que viñamos de pretempada e esperamos empezar a tempada igual”, comentou. O obxectivo, di un dos capitáns, é “tentar entrar no playoff e lograr o que se escapou o ano pasado por iso temos unha gran ilusión”, confesa.

Esas boas impresións tamén as subscribe un Rubén Martínez que terá que ser paciente para lidar coa lesión que sufriu o domingo pasado. “Non sei canto tempo estarei sen xogar, pero espero que sexa o menos posible para axudar ao equipo”, explica.

No grupal, asegura que o equipo está a traballar moito para que as cousas saian ben e as sensacións “son moi boas para repetir o da tempada pasada”.

Por último, Álex Ares, malia que apuntou que hai que ter calma polo triunfo na Copa, si argumenta que esta “serviu para adestrar máis, axustarse aos compañeiros e coller boas sensacións”.

Con moita ilusión polo comezo ligueiro, advirte que a liga estará moi igualada. “Hai moi bos equipos e o grupo xa é igualado sempre, xa que calquera partido se che pode complicar”, relata.

Coa conciencia de ir aos poucos, o mediapunta ten moitas ganas de que empece a competición, buscando sumar os tres primeiros puntos na visita ao Polvorín FC.

No acto de presentación tamén estiveron presentes Gonzalo, xerente da tenda, e Javier Puñal, director de marketing do club que agradeceu o compromiso de 4-4-2 Botas coa SD Compostela.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.