Unha viaxe ilusionante para seguir soñando

11 de Setembro de 2018

Celebración Gol Alondras

  • Yago Iglesias anuncia rotacións para un partido no que saen sen presión

Santiago de Compostela, a 11 de Setembro de 2018.

O soño da Copa do Rey segue vivo na familia compostelanista e esta ilusión trasládase a todos os entes nesta nova rolda do torneo. O equipo viaxa a Lleida sen presión para medirse a un equipo de Segunda División B ante o que tentarán dar a sorpresa. A partir das 20.00 horas, os elixidos loitarán por seguir queimando etapas na peregrinación desta tempada.

A partir das 10.15 horas, os branquiazuis emprenderán “unha viaxe para gozar igual que o de Mensajero”, asegurou Yago Iglesias. Aínda así, advertiu de que cando o árbitro sinale o inicio “imos tentar pasar, sen presión, porque canto menos teñas ao final saen mellor as cousas, e a ver se podemos volver coa eliminatoria pasada, que sería xenial”.

Para iso, o equipo tentará realizar o xogo de sempre, nun escenario totalmente distinto ao dos últimos dous encontros. “É un campo de herba natural de grandísimo nivel e un equipo confeccionado para xogar o playoff de Segunda B, como corrobora a súa terceira posición, con xogadores con moito nome e percorrido”, analizou o técnico.

Ante esta eliminatoria tan ilusionante, malia que sen perder de vista a competición ligueira, o equipo tentará “seguirlle o ritmo ao Lleida Esportiu, ou mesmo  marcalo nós, apostando por ter o balón e coa confianza de facer un gran partido”, relatou Yago. O que si ten claro o corpo técnico é que será un novo partido nunha ‘semana de Champions’, polo que haberá moitos cambios no once.

En canto ao rival, o Lleida, explicou o adestrador, “é un equipo que manexa o 4-4-2 ou o 4-1-4-1, gústalle ter a pelota e sabe tamén estar sen ela, malia que entendemos que ao ser nós de menor categoría, tentarán ter a posesión”.

Unha vez empece o encontro ás 20.00 horas, veremos quen consegue levar a batuta. Os nosos, coa ilusión dunha nova experiencia enriquecedora para todos, tentarán lograr a machada e regresar de terras catalás co pase á terceira rolda da Copa do Rey.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🎟️ RECORDA! Cada abonado pode retirar 1⃣ invitación gratuíta* para o partido de mañá📲 Só online!👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Apoia os nosos a polo triunfo 🩵🤍* Invitación gratuíta + gastos de xestión📸 Nacho Castaño #composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 @viveirocf2015 🩵🤍 Os nosos para o partido de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete👉 Entra Turby, da Canteira Picheleira #composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Viveiro CF ⚽️ Previa do noso adestrador antes do partido deste domingo ás 18:00 horas no Vero Boquete. Será a estrea dos nosos na casa neste 2026#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕🏠🩵🤍⚽️ David Rosón xa completou os seus primeiros adestramentos como novo xogador do Compos😃 Moitas gañas de verte debutar na túa nova casa 📸 Nacho Castaño#benvidorosón ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.