Dura saída ante un rival diferente na categoría

21 de Setembro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/2Vlip7q9GFY” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O domingo ás 18.00 horas medirase ao recentemente ascendido UD Paiosaco

Santiago de Compostela, a 21 de Setembro de 2018.

A semana de descanso chega ao seu fin e a SD Compostela xa está preparada para iniciar unha nova saída no campionato. Para manter o inicio inmaculado ata a data, os nosos  terán que superar ao recentemente ascendido UD Paiosaco no complicado campo da Porta Santa.

A tarefa será difícil, pero os branquiazuis teñen a moral alta, debido ás grandes sensacións mostradas no terreo de xogo, pero tamén polo estado físico dos integrantes que arrastran lesións. “Álex Ares xa adestrou toda a semana e estará para viaxar, Samu tamén, pero non queremos aínda forzalo, Alberto fai cousas co grupo e Rubén, o único que está á parte, tamén mostra boas sensacións”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Esta primeira semana sen partido no medio serviu para recuperarse fisicamente, pero tamén para preparar mellor o duelo do domingo. “Preparamos situacións que se poden dar, xa que nos medimos a un equipo cunha maneira de xogo peculiar e distinta ao resto de rivais da categoría”, relatou.

Neste aspecto, o técnico concretou que o Paiosaco é un conxunto que “fai un xogo simple, pero que mete en moitas problemas aos rivais”. Ata o momento, o seu comezo foi idílico, en palabras do adestrador branquiazul, gañándolle pola mínima a Alondras e Silva e poñéndolle as cousas moi complicadas ao Bergantiños na última xornada.

Para realizar esta formulación, o cadro local utiliza un sistema moi de moda, o 5-3-2 ou 3-5-2, con tres centrais e dous dianteiros centros. “Xogan con dúas puntas moi grandes, que os aproveitan moito nun campo sintético como o seu, e despois conceden moi pouco en defensa. Así, son moi fortes nas transicións e no balón parado”, analizou Yago.

As características da Porta Santa serán moi similares ás que se atoparon os branquiazuis en Alondras. “Toca poñerse o mono de traballo, ser máis obreiros e traballar a vitoria para chegar o mellor posible á sexta xornada”, avisou o adestrador.

Coa funda e moitas ganas de traballar arreo, os nosos esperan volver de Paiosaco cos tres puntos debaixo do brazo. Será unha labor complicada contra un rival distinto pero, co apoio do público que se desprace, esperan seguir co inicio inmaculado de liga.

CONVOCATORIA

Lorenzo, Anxo Pérez; Sergio Pereira, Saro, Álvaro Casas, David Uña, Piscu; Mon, Ube, Marcos Remeseiro, Álex Ares, Josiño, Miki, Brais Abelenda; Santi e Aythami.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para a próxima saída na Liga 🩵🤍x21 🆚 Unión Popular de Langreo 🏟️ Estadio Novo Ganzábal🗓️ Domingo, 2 de febreiro🕔 17.00 horas📺 Football Club#LangreoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 𝐅𝐈𝐂𝐇𝐀𝐗𝐄💪 Markitos, novo xogador da SD Compostela!⚽️ O mediapunta chega cedido polo Club Deportivo Arenteiro ata final de tempada ✍️ sdcompostela.com/2025/01/21/markitos-fichaje-invernal-compos/#benvidomarkitos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 Toca gañar! Toca volver á senda da vitoria na nosa casa 💪🩵🤍x20 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 26/01🕛 12.00 horas🤝 Patrocinado por Alcampo 📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo para preparar o derbi deste domingo ante a Real Club Deportivo de La Coruña Fabril⚽️ Traballo duro para volver a senda das vitorias e comezar a sumar de 3⃣ nesta segunda volta#composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ Antón Permuy🗣️ Declaracións do adestrador branquiazul tralo derbi en Pasarón #pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.