Filial, Xuvenil A e Cadete A manteñen as súas dinámicas positivas

9 de Outubro de 2018

Resultados-08-10

  • A xornada da base deparou seis triunfos, dous empates e cinco derrotas

Santiago de Compostela, a 8 de Outubro de 2018.

A primeira fin de semana “completa” para as categorías inferiores da SD Compostela deixou un balance de seis triunfos, dous empates e cinco derrotas. Entre estes resultados, merece a pena destacar as boas dinámicas do filial, o Xuvenil A e o Cadete A, quen se asentan na parte alta das súas respectivas clasificacións.

En primeiro lugar, o Zona Vella conseguiu o seu segundo triunfo consecutivo, de novo coa portería a cero, no seu duelo contra o Touro. O filial branquiazul, tras unha primeira parte igualada, rompeu a contenda no segundo acto para gañar finalmente por 3-0. Anxo García, no 50, Diego Martínez, no 67, e Óscar Juanes, no desconto, foron os artífices da terceira vitoria do ano.

Nese vórtice de bos resultados está tamén inmerso un Xuvenil A que logrou o seu cuarto triunfo seguido. O tropezo da primeira xornada serviu de lección para os branquiazuis, quen non coñecen a derrota desde aquelas. Esta vez, superaron ao CF Dumbría por 0-1 nunha difícil saída á Costa da Morte. Un tanto en propia porta dos locais foi suficiente para que os nosos aumentasen o marcador de puntos ata os doce actuais.

Por contra, os outros dous conxuntos xuvenís encaixaron idéntico resultado en contra, un de local e o outro de visitante. O B caeu por 0-3 contra o Xuventude Oroso, mentres que o C perdeu na súa visita ao líder, o Bertamiráns CF.

Tras non poder xogar a fin de semana pasada, o Cadete A para regresou á liga cun gran empate a un gol ante o EFM Boiro, un dos principais candidatos ao ascenso. Eloy Ozores adiantou aos locais a dous minutos para a conclusión do choque, pero os nosos reaccionaron rápido e mercé ao tanto de Hugo Pérez no desconto alcanzaron un meritorio empate. Á súa vez, o Cadete B non puido seguir coa súa boa serie e caeu, por primeira vez, ante o EF Boqueixón por 3-0. O duelo entre os líderes invictos saldouse con vitoria para o cadro local.

En infantís, o A acadou un bo empate a ceros no seu desprazamento contra o Ulla Pontecesures, rival asentado na parte media da clasificación, mentres que o B triunfou, na segunda xornada de liga, ante o Villestro SD por 0-2. Un dobrete de Tomás serviu para que os branquiazuis sumasen os tres primeiros puntos.

En categoría alevín, o A logrou o triunfo no seu debut contra o Dubra SD por 4-2, nun encontro no que sempre marchou por diante no marcador. Pola súa banda, o B perdeu 2-5 contra o Racing San Lorenzo.

Por último, en benxamíns, a SD Compostela sumou un dobrete con triunfos do A e do B, na segunda e primeira cita do campionato, respectivamente. Por contra, o prebenxamín B debutou con derrota contra a ED Xuventude Oroso, líder.

PD: Adoptando as medidas tomadas por outros clubs de Galicia, non publicaremos os resultados en goles das categorías benxamín, prebenxamín e biberón para non ferir a sensibilidade dos nenos e nenas. No seu lugar, tan só diremos quen gañou, marcando na imaxe o resultado 1, X ou 2.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Comeza o play off!! Este sábado, a primeira gran cita en Vilalba!Todos xuntos, a comezar con bo pe!! 🫂⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos gañou en Viveiro, pero xogará o playoffToca levantar o ánimo, loitar ata o final e pelexar polo ascenso na faseTodos xuntos 🫂👉 sdcompostela.com/gl/2026/05/10/compos-viveiro-playoff-vitoria/📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián NoyaTocará loitar no playoff para acadar o ascenso!! Todos xuntos, ata o final!!Grazas a todos por acompañarnos en Viveiro! Seguiremos loitando!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeSEGUIMOS, COMPOS!!IMOS LOITAR ATA O FINAL!! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián Noya📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.