Importantes vitorias do filial, Xuvenil A e Cadete A

30 de Outubro de 2018

Resultados-28-Outubro

  • Novos triunfos tamén do Xuvenil B, Infantil B e dobrete dos alevíns

Santiago de Compostela, a 29 de Outubro de 2018.

A xornada para as categorías inferiores da SD Compostela deixou un gran sabor de boca no filial, Xuvenil A e Cadete A. Os tres sumaron un novo triunfo que lles permite seguir á espreita do liderado, con menos dun partido de diferenza nos tres casos. Ademais, tamén conseguiron sumar de tres o Xuvenil B, Infantil B, os dous alevíns e o Biberón A, equipo que debutou esta fin de semana na liga local de fútbol sala.

En primeiro lugar, tralo tropezo inmerecido da cita pasada, o Zona Vella levantou a cabeza da mellor maneira posible. O filial branquiazul conseguiu un gran triunfo por 1-2 na saída contra a SD O Pino, un dos candidatos ao ascenso. Os nosos adiantáronse no marcador no 12, grazas a un tanto de falta de Manu Pardo, e ben puideron sumar algún outro nos primeiros 45 minutos. Aínda así, o electrónico non se movería ata o 60, momento no que Óscar Juanes anotou o segundo. Os locais recortarían distancias nos últimos minutos, pero os tres puntos xa non se marcharían para un Zona Vella que sobe ao sexto posto e que está a dous puntos do liderado.

Nesta zona nobre tamén está asentado un Xuvenil A que colleitou un novo triunfo de local, facendo bo o empate da fin de semana pasada. Os branquiazuis, que seguen nun dos dous postos que aseguran o ascenso, venceron por 2-1 a un duro Escola Estrada. Os visitantes colocáronse por diante á hora de partido, pero grazas a un gran arreón final, os santiagueses remontaron o encontro. Manel Macías empatou no 81 e Cristian Fernández selou a remontada catro minutos máis tarde.

Pola súa banda, o Xuvenil B segue coa súa escalada pola clasificación tras vencer por 2-4 ao Sálvora CF, conxunto co que estaba igualado na clasificación. Yoseban Montoto e Juan Amigo encarrilaron o choque no primeiro acto, malia que os locais conseguiron de novo o empate no 57. A pesar diso, os mesmos xogadores branquiazuis anotaron de forma consecutiva, no 60 e 65, para certificar o terceiro encontro seguido sen perder. Por contra, o Xuvenil C gozou de sorte dispar, xa que perdeu na casa 2-3 contra o Cire Melide, nun encontro no que marcaron Alejandro Márquez e Iker Carril.

Tamén a un paso do líder, con dous puntos de diferenza, está o Cadete A, equipo que sumou de novo de tres, despois de golear 8-2 ao Ulla Pontecesures. Un hat trick de Jaime Álvarez, dous goles de Pedro Casal e un de Rubén López, Hugo Pérez e Xoel Caamaño pecharon o oitavo triunfo da tempada para o equipo branquiazul. Mentres, o conxunto B perdeu 1-2 contra as Escolas Deportivas de Vedra, nun duelo no que o goleador santiagués foi Iago Fernández.

En infantís, o A sumou un novo punto tras empatar 3-3 contra o Arzúa, nun choque no que conseguiu igualar tras comezar perdendo por 0-3. Iván Vilaseco e Rubén Sande, por dúas veces, lograron equilibrar a balanza no segundo acto. Pola súa banda, o Infantil B segue na parte alta, terceiro clasificado, despois de sumar un novo triunfo, esta vez, ante as ED de Vedra por 2-1, con goles de Mateo Barros e Breixo Longueira.

Á súa vez, en Alevíns sumouse un dobrete, logo dos triunfos do A, como local, contra a Escola Deportiva Santiago e do B, como visitante, ante o Bertamiráns CF, para situarse na terceira posición.

Peor sorte tiveron tanto benxamíns como prebenxamíns, nunha fin de semana no que ningún venceu. Os dous equipos A contra o CD Conxo e os dous B contra o Manuel Peleteiro. Por último, un dos conxuntos pequenos da familia, o Biberón A, debutou este sábado na liga local de fútbol sala cun triunfo ante o La Salle.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
📋⚽️ Carlos de Lerma1️⃣ Edu Sousa3️⃣ Miguel Prado4️⃣ Unai Peón6️⃣ Damián Noya🔟 Parapar1️⃣4️⃣ Jordan1️⃣6️⃣ Rafa de Vicente1️⃣8️⃣ Dani González1️⃣9️⃣ Buba2️⃣2️⃣ Uzal ©️2️⃣4️⃣ Turbi📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Hoxe, xogamos! 🩵🤍🆚 CDLalín 🕢 19:30 horas🏟️ Novo Campo do Doce🎟️ 5€🏆 VII Trofeo Vila de Padrón#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📸🩵🤍 Toxo Telecom 📲 Recorda, se eres abonado do Compos e contratas a tarifa de Fibra e Móbil de #toxo, devolveránseche as cotas ata o importe total do abono👉 Tamén gozarás dun 10% de desconto nas cotas ata final de tempada🤝 Grazas polo apoio e por recibirnos hoxe na presentación oficial de Buba e Mario Hermo como novos xogadores do Compos📌ℹ️ Pásate pola nova oficina de Toxo en Xeneral Pardiñas, 21, e coñece todas as vantaxes da compañía de telecomunicaciósn galega ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.