Presentado o II Campus de Nadal

17 de Decembro de 2018

Cartel Campus Nadal 2018 3

  • Terá lugar no pavillón de Pontepedriña do 2 ao 4 de xaneiro, en xornada partida

Santiago de Compostela, a 17 de Decembro de 2018.

O segundo Campus de Nadal da SD Compostela terá lugar o próximo mes de xaneiro no pavillón de Pontepedriña. Destinado a cativos e cativas de 4 a 11 anos, esta nova edición celebrarase do 2 ao 4, en xornada partida, malia que existe a posibilidade de escoller solo medio día.

Para inscribirse, os interesados deben cubrir a súa solicitude nas oficinas do club, ou ben enviándolle un mail ao correo sdcompostela@sdcompostela.com ou ben chamando á oficina no teléfono 981 57 70 41. O prazo para apuntarse remata o vindeiro 26 de decembro.

Os prezos para mañá e tarde son os seguintes: Xeral 90€; abonados/as ou fillos/as de abonados/as 70€; irmás/áns de inscritas/os 70€; e canteira do club 60€.

Mentres, para a media xornada: Xeral 50€; abonados/as ou fillos/as de abonados/as 45€; irmás/áns de inscritas/os 45€; e canteira do club 40€.

Os horarios do Campus serán de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, con posibilidade de levalos antes ou recollelos despois, para axudar á conciliación familiar.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Club Deportivo Lugo B ⚽️ Previa do noso adestrador sobre o partido dos nosos en Lugo, este domingo ás 16:30 horas#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Moito ánimo, Marco Baña 🩵🤍 O noso xogador foi operado con éxito do xeonllo dereito tras sufrir unha lesión ligamentosa O noso canteirán comeza o proceso de recuperación, acompañado polos nosos servizos médicos e recuperadores Volverás máis forte ca nunca! 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Nova saída para os nosos na liga⚽️ 𝐗𝟐𝟒🆚 Club Deportivo Lugo B🗓️ Domingo, 8 de marzo🕟 16:30 horas🏟️ A ChedaEste domingo, buscaremos recuperar a senda do triunfo en Lugo! 🙌#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ O equipo regresa esta tarde aos adestramentos🏟️ Comeza a preparación para a visita ao filial do Lugo#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.