Dar o salto contra un rival directo

1 de Febreiro de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/LXt8M5wF45s” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos volve este domingo ao Vero Boquete para medirse ao equipo máis en forma da liga

Santiago de Compostela, a 1 de febreiro de 2019.

O Vero Boquete de San Lázaro estreará este domingo a segunda volta cun duelo no que a SD Compostela se medirá ao equipo máis en forma da liga, o Alondras CF. Os branquiazuis, tras romper coa súa dinámica na Illa de Arousa, regresan ao seu fortín co obxectivo de volver sumar de tres e presionar aos seus rivais directos.

A idea está clara, pero a tarefa non será nada sinxela, xa que o equipo cangués é un dos candidatos ao playoff e ven cunha moi boa xeira de resultados. “Non tivo o inicio adecuado, pero agora está coa liña do curso pasado, no que tivo unha segunda volta moi boa, e aparece en todas as quinielas para repetir no playoff”, explicou Yago Iglesias na rolda de prensa.

Este estado anímico das últimas xornadas, nas que superaron a Bergantiños ou Paiosaco, entre outros, viuse afianzado pola chegada duns reforzos que apontoaron o gran plantel que xa tiñan. “É un proxecto de continuidade, co mesmo adestrador e moitos xogadores que repiten, pero tamén ficharon moi ben tanto ao principio como agora no mercado invernal”, comentou o técnico.

Entre as claves do Alondras, o adestrador ribeirense destacou “a calidade por dentro con Iván Pérez ou Yavhé, xogadores de maior nivel, a rapidez en banda de Mauro ou Pardavila e xente veterana como Aitor Díaz ou Jesús Varela, credenciais todas elas que o fan un equipo de peso na categoría”.

Con todo, o Compos confía nas súas habilidades para contrarrestar ao rival, evitando sobre todo a súa velocidade para saír á contra. “Queremos volver á senda da vitoria en casa despois de dous partidos fóra, en especial, mantendo tanto a imaxe mostrada na Illa como nas grandes tardes do Vero Boquete”, argumentou o adestrador.

Para facelo, o técnico branquiazul fixo un chamamento aos afeccionados, xa que eles poden ser os encargados de meter ese primeiro gol nun duelo tan importante. “Os alicientes son moi grandes e precisamos de toda a xente, por iso pido que veñan animar de principio a fin, porque canto máis animen, o equipo estará máis cómodo”, remarcou.

Para dar esa mellor versión, Yago Iglesias non confesou que táctica utilizará, malia que advertiu que a defensa de tres centrais, como a semana pasada, é parte xa do repertorio do equipo. “Son ferramentas que o equipo vai adquirindo e iso favorécenos tanto para preparar os partidos entre semana como unha vez en el”, declarou un técnico que encomiou aos seus xogadores por esa capacidade para adaptarse ao que esixe o guión.

Coa formulación que sexa, a intención é sacar os tres puntos para meter a cabeza entre os catro primeiros e marcar distancias co Alondras. Non será unha tarefa nada sinxela, pero co apoio do seu público o Compos agarda dar un salto contra un rival directo.

REY_7843

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
Álvaro Casas e a SD Compostela separan os seus camiñosDespedimos a unha lenda do club tras 8 tempadas e 262 partidos! ⚽️Moitísimas grazas por todo, capitán! ©️ O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/11/alvaro-casas-compos-262-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 days ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Pablo Crespo seguirá un ano máis liderando a defensa da SD Compostela🤝 O central renova por unha tempada, con opción a outra máis, co obxectivo de acadar o ascenso𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/06/pablo-crespo-renovacion-compos/#pablocrespo2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Fer Cano, Ocaña e Carlos Cinta non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo voso traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Santi de Prado, Markitos, Carlos Pérez, Fausto Tienza, Bruno Scorza e Selasi non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo voso traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
➕1⃣ 📣 Secho renova por unha tempada coa SD Compostela👉 Será tamén o novo responsable da configuración do plantel do primeiro equipo𝐒𝐄𝐂𝐇𝐎 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/27/secho-renova-compos-1-ano/#secho2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.