Empate a dous goles contra un gran Paiosaco

17 de Febreiro de 2019
Miki e Josiño celebrando o primeiro gol dun partido patrocinado por Sisrecon Pavimentos. Foto: Amadeo Rey.
Miki e Josiño celebrando o primeiro gol dun partido patrocinado por Sisrecon Pavimentos. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos foise ao descanso cunha clara vantaxe, pero os visitantes empataron no 89

Santiago de Compostela, a 17 de Febreiro de 2019.

Un novo punto antes do Tourmalet. A SD Compostela non puido manter a súa dinámica de resultados e igualou 2-2 contra un gran Paiosaco, capaz de remontar unha desvantaxe de dúas tantos na segunda metade. Os nosos tiveron o control do xogo durante todo o encontro, pero atopáronse contra un rival moi ordenado que empatou no 89.

Josiño e Santi, na primeira media hora, puxeron por diante no luminoso aos branquiazuis, pero á volta do descanso, Edu de cabeza e Iván Amor cun golazo pola escuadra conseguiron un punto para os seus.

No seu regreso ao Vero Boquete de San Lázaro, a SD Compostela buscaba a cuarta vitoria consecutiva. Os nosos, repetindo o posicionamento de semanas anteriores, malia que con cinco trocos no once titular, saíron fieis á súa filosofía e coa portería de Rama entre cella e cella.

Con todo, sabían que a tarefa non sería nada sinxela, ante un rival moi ordenado e afeito ao seu defensa de cinco. Precisamente, grazas a unha presión avanzada, o Paiosaco sería o primeiro en avisar, pero Bilal, tras recoller un rebote, cruzou demasiado o seu disparo no man a man con  Anxo.

A pesar desta opción, o Compos colleu rapidamente a batuta do encontro e sería Josiño, aparecendo en zona de tres cuartos de campo, o que xeraba as mellores accións locais. Primeiro, avisou cun centro desde a banda ao que non chegou ningún compañeiro por moi pouco, tras rozala o porteiro. Despois, non alcanzou o balón por milímetros, tras unha preciosa parede con Santi. E á terceira, tralo rexeite dun disparo do propio Santi, que sacou Rama, mandou o balón á cazola. O mediapunta atopouse coa pelota na área pequena e fusilouna ao fondo da rede.

O Compos abriu a lata, pero os visitantes seguiron ao seu e volveron ter a súa oportunidade aos 23 minutos. Bilal gañou liña de fondo, cedeuna atrás para Pablo e o lateral, tras acomodala para a súa zurda, soltou un disparo colocado que salvou Álvaro Casas coa súa perna dereita.

Este aviso, con todo, foi o preludio do segundo gol local. Miki e Josiño fixeron unha gran combinación por banda que deixou só ao segundo e este, tras controlala na área, púxolle a asistencia para Santi, quen cun potente disparo de primeiras mandou o esférico ao fondo das mallas.

Con vantaxe no luminoso, os nosos non se relaxaron ata o descanso e tiveron o terceiro nunha contra rápida entre Brais Abelenda e Santi que o lucense mandou arriba.

A pesar diso, á volta dos vestiarios, o partido cambiou por completo cando Edu recortou distancias de cabeza. O central atopouse primeiro con Anxo, tras un potente disparo desde o pico da área, pero no córner posterior, alzouse por encima de todos para enviar a pelota á rede.

Esta diana puxo ao Paiosaco onde quería e descolocou a un Compos que dubidaba entre irse ao ataque, ante un rival moi repregado, ou manter a posesión en zonas tranquilas. Estes minutos tamén estiveron marcados pola necesidade de cambiar por precaución a Samu e Piscu, o primeiro tocado no seu adutor e o segundo despois dun golpe na cabeza.

Correron os minutos sen nada destacable, ata que os visitantes atopáronse co premio que tanto buscaban no 89. Iván Amor recibiu no pico da área, tras un centro lateral despexado pola defensa, e colocou o esférico na escuadra contraria, un disparo imparable ao que non puido chegar Anxo.

Pese ao mazazo, engadíronse cinco minutos e o Compos non atopou o premio por moi pouco. Saro, recibindo tras unha gran acción de lado a lado, tivo a opción de devolver a vantaxe, pero Rama voou para sacar os puños ao potente disparo do lateral.

Os branquiazuis aínda tiveron outra contra, pero o marcador xa non se moveu e os visitantes celebraron o empate logrado, mentres os nosos se lamentaban por perder dous puntos nos últimos instantes. O Compos non puido sumar a súa cuarta vitoria seguida, pero continua na segunda volta sen coñecer a derrota. Agora, desde o terceiro chanzo, e a seis puntos dos líderes, tócalle afrontar o Tourmalet, sendo o Bergantiños o seu primeiro rival o vindeiro domingo ás cinco da tarde.

FICHA TÉCNICA:

2- SD Compostela: Anxo Pérez; Álvaro Casas, Piscu (Saro, m.73), Chechu; Miki, Josiño, Samu (David Uña, m.50), Marcos Remeseiro, Rubén (Álex Ares, m.63); Brais Abelenda e Santi.

2- UD Paiosaco: Rama; Juanma, Edu (Iriso, m.75), Beto, Popi, Pablo (Iván Amor, m.66); Bilal, Javi Fuentes, Aythami, Eiroa (Diego, m.63); e Otero.  

Goles: 1-0: Josiño, min.17; 2-0: Santi, min.25; 2-1: Edu, min.50; 2-2: Iván Amor, min.89.

Árbitro: Iglesias Melón, colexio vigués. Amoestou a Rubén e David Uña, polos locais; e a Javi Fuentes, Otero, Popi e Rama, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo cuarta xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Estadio Vero Boquete de San Lázaro ante 900 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Uzal, novo xogador da SD Compostela🤝 O mediocentro coruñés chega desde Segunda RFEF e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐔𝐳𝐚𝐥 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/17/diego-uzal-sd-compostela-fichaxe/#benvidouzal ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Rabanillo e Diego non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo vosa dedicación e traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Pablo Antas e a SD Compostela separan os seus camiños⚽️ O mediocentro déixanos un legado de seis tempadas e 152 encontros, cun gol, en Balaídos, que será sempre recordadoMoitísimas grazas por todo, mago!O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/16/pablo-antas-compos-152-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 days ago

SD Compostela
Álvaro Casas e a SD Compostela separan os seus camiñosDespedimos a unha lenda do club tras 8 tempadas e 262 partidos! ⚽️Moitísimas grazas por todo, capitán! ©️ O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/11/alvaro-casas-compos-262-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Pablo Crespo seguirá un ano máis liderando a defensa da SD Compostela🤝 O central renova por unha tempada, con opción a outra máis, co obxectivo de acadar o ascenso𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/06/pablo-crespo-renovacion-compos/#pablocrespo2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.