Os cadetes seguen mantendo os seus grandes resultados

29 de Abril de 2019

Resultados-28-Abril

  • Dobrete na categoría nunha fin de semana con tinguiduras agridoces en fútbol once

Santiago de Compostela, a 29 de Abril de 2019.

A dobre vitoria dos conxuntos cadetes da SD Compostela mellorou unha xornada na que os equipos de fútbol 11 tiveron un sabor agridoce, xa que tan só se sumou a do Alevín no seu segundo encontro da liga.

En primeiro lugar, ao Zona Vella ségueselle resistindo a vitoria nestas últimas semanas e este domingo non puido pasar do empate a uns contra o Berres. O resultado puido ser mesmo peor, xa que Borja Collar empatou a contenda no minuto 84.

Sufriu tamén un duro revés nas súas aspiracións polo ascenso o Xuvenil A, que xa cantaba vitoria na súa visita ao Residencia, pero que acabou volvendo sen carga tras un aciago desconto da segunda parte. Yago Recarey puxo aos branquiazuis con vantaxe no 51, pero os lucenses déronlle a volta ao luminoso con tantos no 92 e 94. Pola súa banda, o Xuvenil B tampouco tivo o seu mellor día e caeu por 7-3 ante o Calo, un duelo no que Christian Barbazán, Juan Amigo e Marcos Andrade maquillaron o resultado.

En cadetes, o domingo si foi frutífero logo de sumar ambos os tres puntos, e con portería a cero. O Cadete A, campión do seu grupo, sumou un novo triunfo ao superar ao Villestro por 7-0. Nesta penúltima cita, Hugo Pérez marcou un hat trick e Adrián Álvarez, Gerardo Lago, Jaime Álvarez e Iker Carril repartíronse os catro restantes. Mentres tanto, o Cadete B venceu por 4-0 ao Touro, para seguir como quinto clasificado, con tantos de Zubo Yang, Rubén Sande, Sergio Rendo e Xaime Paz.

Baixando de nivel, o Infantil A caeu pola mínima (0-1) ante o Milladoiro, conxunto que lle supera na táboa, mentres que o Infantil B perdeu por 3-0 contra o Villestro no seu debut na Copa de Santiago.

Sumou tamén de tres o Alevín de fútbol 11 logo de superar con claridade ao Cacheiras. Ese 0-7, polos goles a favor, colócano como segundo.

En fútbol 8, o Benxamín A pechou o playoff de descenso no primeiro posto, a pesar de caer na última xornada contra o Atlético Fátima. O Prebenxamín B, pola súa banda, pasou a semifinais da Copa de Santiago, ao superar ao EF Lalín no Manuel Anxo Cortizo.

Por último, o Biberón de fútbol sala caeu na volta da copa ante o Calo, polo que queda eliminado, mentres que o de campo gañou o seu primeiro encontro contra o La Salle.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.