Oportunidade de resarcirse no Vero Boquete

30 de Abril de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/YX32QvukeFU” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos regresa ao seu fortín coa intención de recuperar a senda do triunfo

Santiago de Compostela, a 30 de Abril de 2019.

A SD Compostela regresa ao seu fortín e faio coa intención de resarcirse do mal sabor de boca das últimas saídas na liga. Os branquiazuis queren aproveitar a xornada intersemanal para superar ao Racing Club Villalbés e recuperar as boas sensacións, volvendo a unha senda do triunfo que os achegue un paso máis ao playoff de ascenso.

“Volvemos á nosa casa, o noso escenario preferido, o noso campo e esperamos ser o Compostela que estamos afeitos a ver”, explicou Yago Iglesias na rolda de prensa.

Nesta semana tipo Champions, con tres partidos en sete días e con tan só dous de descanso, o equipo considera que esta circunstancia é a mellor para “quitar o po do de Laracha”. Con esta intención, os nosos queren esquecer as malas sensacións do domingo e recuperar o ánimo. “Queremos que chegue canto antes as nove da noite e que sexa cos tres puntos, certificando que só foi un mal día”, aclarou o técnico.

Neste sentido, un dos que máis leva no grupo, o dianteiro Santi Gegunde lembrou que “na casa sempre fomos capaces de cambiar a cara despois de malos momentos e esperamos que esta vez sexa o mesmo”. Esa maxia que achega o Vero Boquete será crucial á hora de certificar a clasificación á fase de ascenso, xa que restan dous partidos e só serían necesarios cinco puntos. “Desde o inicio o obxectivo era o playoff e dentro del terminar o máis arriba posible. Temos opcións de mellorar a clasificación, polo que imos tentalo ata o último día, pero está claro que debemos dosificar esforzos no que resta”, analizou o adestrador santiagués.

Con estes cambios habituais, o Compos espera superar a un Racing Club Villalbés que mantén unha liña continuísta e que ven cunha xeira de catro vitorias seguidas. “Levan anos xogando igual, esperando acazapados en defensa, sendo agresivos, e saíndo ao contragolpe, aproveitando que ten xente rápida arriba”, sinalou Santi.

Por tanto, no encontro que servirá para vivir o regreso de vellos coñecidos como Santi Taboada, Make ou Diego Rey, os nosos queren gañar coa mente posta tamén en alcanzar o segundo lugar da táboa, pensando nun posible factor campo a favor na postemporada.

Co apoio do público e aproveitando as dimensións do Vero Boquete, volver á senda da vitoria debería estar máis próximo. O encontro preséntase como unha oportunidade para resarcirse e todos xuntos podemos logralo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🩵🤍 De pequenos a maiores, co apoio de todos, a por este play offTodos xuntos conseguiremos o ascenso!!Imos con todo desde este sábado!! 💪💪💪📸 Nacho Castaño#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎂 Neste Día da Ascensión, temos de aniversario ao noso mago, Parapar 🩵🤍Moitos parabéns!! Que veña acompañado dun ascenso!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧤 Con 28 goles encaixados e unha media de 0,0092 goles/minuto, o noso Álex Cobo foi o Zamora do Grupo 1 da Terceira RFEF🩵🤍 Parabéns, Álex!! A seguir así no play off!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron onte a semana de adestramentos para o inicio do play off👉 A partir de mañá, centrados en comezar ben a fase de ascenso#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Comeza o play off!! Este sábado, a primeira gran cita en Vilalba!Todos xuntos, a comezar con bo pe!! 🫂⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.