Terminan as ligas na base

6 de Maio de 2019

Resultados-6-Maio

  • O Xuvenil A gañou e empatou esta semana e o Cadete A espera xa o playoff de ascenso

Santiago de Compostela, a 6 de Maio de 2019.

A gran maioría dos equipos da base da SD Compostela terminaron esta semana as súas ligas logo dunha longa tempada na que gozaron dentro do novo proxecto branquiazul. A última cita pechouse con tres triunfos e tres empates como resultados positivos.

En primeiro lugar, o Zona Vella acabou o curso cunha nova derrota ante o Belvís por 2-0. O filial santiagués foi de máis a menos na competición cunha segunda volta que o deixou en terra de ninguén durante varios meses.

Mellor fortuna tivo un Xuvenil A que segue quinto, con posibilidade de ascender algún posto máis, logo dunha semana con dobre cita na que sacou un empate e unha vitoria. Primeiro, o mércores, igualou en casa (2-2) ante o As Pontes, que neutralizou a vantaxe local, conseguida a través dos tantos de Yoseban Montoto e Alejandro Fernández, no desconto do encontro. Despois, o sábado, superou por 0-2 ao Galicia Caranza con goles de Óscar Aldrey e Diego López. Pola súa banda, o Xuvenil B pechou a competición na oitava posición con 44 puntos, despois de caer derrotado ante o Xuventú Aguiño por 0-2.

A mellor nota da base lévaa, sen dúbida, o Cadete A, que a pesar de finalizar a liga con empate a dous goles co Bastavales, foi campión con 95 puntos, optando ao ascenso con dúas oportunidades. Manuel Crespo e Anxo Ferro foron os goleadores nesta última cita antes do playoff. Mentres tanto, o Cadete B acabou cun gran sabor de boca logo de vencer 1-3 ao Arzúa, resultado co que certificou unha meritoria quinta praza en Segunda Autonómica. Zubo Yang, máximo goleador branquiazul, anotou un hat trick decisivo para levar os últimos tres puntos.

De igual forma, o Infantil A finalizou con vitoria, 2-4 ante o Xuventú Aguiño, subindo á undécima praza final con 37 unidades. Nesta xornada final, o triunfo fraguouse coas dianas de Rubén Sande, Lois Lortes, Xiao Pereiro e Álvaro Espasandín. Por contra, o Infantil B acabou en cuarta posición a liguiña da Copa de Santiago tras perder por 3-1 co Atlético Fátima, sendo Tomás Munge o autor do tanto da honra. Mesma sorte recibiu o Alevín de Fútbol 11, que entre semana perdeu por 4-1 ante o líder, o Villestro.

Por último, o Prebenxamín B conseguiu un meritorio empate (1-1) contra o Conxo na ida das semifinais da Copa de Santiago.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ CD DERIO 👉 Citados todos os xogadores dispoñibles para os 1/16 de final da #CopaFederación, co regreso de Pablo Crespo e a entrada de Arrojo, da Canteira Picheleira #composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMOS PARTIDOS CONFIRMADOS⚽️ Xornada 3🆚 Sestao River Club 🗓️ Domingo, 20/09🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por 𝐃𝐮𝐫𝐦𝐞𝐭⚽️ Xornada 4🆚 SD Eibar B🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ CD Areitio 1#compossestao #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ E o domingo, segunda xornada de liga e primeira viaxe da tempada🆚 Club Portugalete Fundado 1909 🗓️ Domingo, 13/09🕦 11:30 horas🏟️ La Florida📺 Football Club #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜🏆 Este mércores temos cita na nosa casa cos 1/16 da #CopaFederación🆚 CD DERIO 🗓️ Mércores, 09/09🕖 19:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Abonados - Gratis | Xeral - 10€ | Menores de Idade - 2€👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 PARTIDO PATROCINADO🚗 🎟️ Mobify foi o patrocinador do #composmarino🙌 RECORDA! A compañía que lidera a mobilidade sostible en Galicia agasalla con 10€ de saldo aos abonados do Compos!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.