Derrota pola mínima pero pensando na remontada

26 de Maio de 2019
Miki busca o recorte sobre Nacho Ruiz. Foto: Amadeo Rey.
Miki busca o recorte sobre Nacho Ruiz. Foto: Amadeo Rey.
  • O gol de Lupu foi decisivo nun encontro con dous partes moi diferenciadas

Santiago de Compostela, a 26 de maio de 2019.

A SD Compostela caeu pola mínima ante o Alavés B, 1-0, no seu debut no playoff de ascenso á Segunda División B. O gol de Lupu aos quince minutos decidiu unha contenda con dúas partes moi diferenciadas, na que os nosos foron de menos a máis, deixando unha sensación de que a remontada é posible no Vero Boquete de San Lázaro.

O MiniGlorias e o Compos saltaron aos campos de Ibaia coa premisa de coñecerse, de saber se o traballado entre semana e o que viron en vídeos era certo. Neste tenteo inicial, as chegadas por banda de Miki, cun centro chut que se marchou por pouco, e José Luís Rodríguez, cun disparo escorado que atrapou Anxo, avisaban das intencións de ambos.

Con todo, e tras un remate de Álex Ares desde a frontal, a balanza decantouse para o cadro local aos 18 minutos. Nacho Ruiz despexou o balón ao notarse presionado e este quedou perfecto ás costas da defensa para que Andrei Lupu, entrando desde atrás, chegase antes que o porteiro e definise coa punteira ao fondo da rede.

O tanto animou aos locais que gozaron dos seus mellores minutos ata o 40. Apoiados pola bancada, apertaban ao Compos no seu campo e xeraban as súas ocasións a través de envíos longos ou xogadas a balón parado.

De novo Lupu tívoa tras o rexeite dun córner, pero Anxo Pérez voou para sacala. O noso meta tamén se luciu nun lanzamento de falta de Paulino de la Fuente que ía teledirixido á escuadra. E por terceira vez, noutro rexeite dun saque de esquina, José Luís Rodríguez viu como o porteiro se facía grande despexando o esférico por arriba.

Na recta final, os nosos quitáronse esa presión de enriba e fóronse ao vestiario con boas sensacións tras dous centros de Naveira, un que golpeou no lateral, e outro ao que non chegou Aythami por pouco.

Con esta imaxe, os branquiazuis regresaron do intermedio convencidos de que podía chegar o gol. Mon, nun córner moi pechado que sacaron entre o porteiro e o traveseiro, ou Naveira, cun disparo desde dentro da área pequena que foi taponado pola defensa, tiveron o empate en apenas cinco minutos.

Aínda así, a máis clara chegou no 59. Álex Ares colleu a responsabilidade nunha falta no bordo da área e puxo a súa clase para colocala suavemente por encima da barreira, con todo, esta vez, a pelota pegou no traveseiro e foise fóra.

Seguiron insistindo os nosos con ataques polas bandas de Miki e Brais Abelenda, pero en dous centros do de Nigrán non chegou primeiro Aythami e logo Sergio Pereira rematou desviado de cabeza, mentres que o segundo tivo un golpeo desde a frontal que lle saíu mordido e atrapou Gonzi en dous tempos.

Chegou o momento dos trocos, ambos baixaron o ritmo un pouco, pero aínda houbo unha oportunidade moi clara para ambos bandos.

No 76, despois dunha nova internada con centro de Brais Abelenda, Miki controlouna no segundo pau e o seu disparo, tras golpear nas pernas de Nacho Ruiz, foise rozando o segundo pau. Mentres tanto, no 81, Lupu volveu aproveitar un despexe da defensa, que non se foi fóra polo efecto, plantándose só ante Anxo, pero esta vez rematou demasiado cruzado.

Deste xeito, o luminoso xa non se moveu e os MiniGlorias puideron celebrar coa súa afección a súa curta vantaxe na ida da eliminatoria que se decidirá dentro de sete días, o domingo 2 de xuño ás 19.30 horas, no Vero Boquete de San Lázaro. A imaxe da segunda parte, e a resposta masiva da bancada que agardan os nosos no noso fortín, convidan a pensar en que a remontada é posible.

FICHA TÉCNICA:

0- Deportivo Arabés B: Álvaro González; Pedro Caballero (Oier Sarriegui, m.65), Federico Antúnez, Gabriel Estigarribia, Ignacio Ruiz; Paulino de la Fuente, Antonio Perera, Alexander Gualda, José Luis Rodríguez; David Valero (Íñigo Arzuaga, m.70) e Andrei Lupu (Héctor Castillo, m.84).

1- SD Compostela: Anxo Pérez; Sergio Pereira, Álvaro Casas, David Uña, Naveira; Samu, Mon; Miki, Álex Ares (Marcos Remeseiro, m.89), Brais Abelenda (Rubén, m.77); e Aythami.

Goles: 1-0: Andrei Lupu, min.18.

Árbitro: Ruiz Martín, colexio cántabro. Amoestou a David Uña e Brais Abelenda, polos locais; e a Gabriel Estigarribia, polos visitantes.

Incidencias: Partido de ida da primeira eliminatoria do playoff de ascenso á Segunda División B disputado na Cidade Deportiva José Luís Compañón (Ibaia) ante 800 espectadores, uns 60 do Compos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⚒️ Un partido que se iniciou baixo a choiva e que acabou, un día máis tarde, con sol e da mellor maneira💪 Preparados para máis!📸 Nacho Castaño #CopaRFEF #lealtadcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
Boas tardes, compostelanistas 🩵🤍 💪 Obxectivo logrado 👉 estamos a un partido da Copa do Rei! 1/4 🏆 ▶️ Sestao River Club🏟️ Las Llanas🗓️ 9 de outubro🩵🤍 Antes, este domingo na casa, a continuar co bo momento na Liga!#CopaRFEF #lealtadcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAALCD Lealtad 0️⃣-2⃣ COMPOS ⚽️ 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐂𝐢𝐧𝐭𝐚 | 𝐋𝐚𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐚🙌 ESTAMOS NOS 1/4 DA #CopaRFEF E A UN PARTIDO DA COPA DO REI!!!🏆 GRAN VITORIA, TERCEIRA SEGUIDA, SUPERANDO TODAS AS ADVERSIDADES DA VIAXE!!!#lealtadcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSO CD Lealtad 0️⃣-0️⃣ COMPOS👉 O reinicio está sendo moito máis igualado e sen ocasións claras polo momento#CopaRFEF #lealtadcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
18' |0️⃣-0️⃣| ⏱️ RELAZOUSE o partido 🏆 #CopaRFEF CD Lealtad 🆚 COMPOS#lealtadcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.