O Compos soña coa remontada no Vero Boquete

31 de Maio de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/0a1m45is9jQ” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Os branquiazuis confían no seu xogo no fortín para darlle a volta á eliminatoria e que non sexa un domingo calquera

Santiago de Compostela, a 31 de Maio de 2019.

A SD Compostela e Santiago confían na remontada. Os branquiazuis están preparados para vivir unha gran tarde na que esperan que non sexa un domingo calquera. Pese ao 1-0 da ida a favor do Deportivo Alavés B, os nosos confían na maxia do Vero Boquete, onde desenvolven o seu mellor xogo e resultados, para darlle a volta á eliminatoria.

“Desde que terminou o encontro en Ibaia, fomos optimistas. Saímos amolados, porque é un mal resultado, sen marcar fóra da casa, pero a última eliminatoria do ano pasado fainos ver que non sempre é bo vir cun marcador satisfactorio porque che pode levar á relaxación”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

En base ao dito toda a semana polos diferentes xogadores que pasaron por rolda de prensa, o  Compos baséase no realizado durante a segunda parte da ida para remontar e niso estivo a traballar toda a semana, malia que sen esquecer o que realizou ben o rival, como fixo dano, para tentar minimizalo na volta.

Ese esforzo previo, sumado ao factor do fortín branquiazul serán claves cando empece a rodar o balón. “Sabemos que aquí somos moi fortes, que marcamos moitos goles, e a iso nos aferramos. A todo iso sumamos as sensacións do segundo tempo en Ibaia e a motivación extra de estar ante a nosa xente, co movemento que está a haber en redes un ano máis, que nos está dando esa forza para o domingo saír a por todas”, analizou o técnico.

Esa forza mostrada polo compostelanismo nas redes espera que lles axude marcando o primeiro gol xa desde o recibimento. “Aferrámonos no noso tipo de xogo, que é altísimo aquí, e os nosos resultados para darlle a volta, pero sen esquecer que enfronte haberá un grandísimo equipo”, sinalou.

Por iso, e como noutros momentos da tempada, o corpo técnico avoga por “saír coas orellas de punta, deixándonos todo no campo, porque será moi complicado, para tentar que non sexa un domingo calquera e que a iso das 21.30 ou 22.00 Santiago siga de festa”.

O reto, sen dúbida, será maiúsculo xa que enfronte hai un rival de altísimo nivel, filial dun conxunto de Primeira División, cun potencial individual e de orzamento enorme, no que o técnico destaca as calidades de Lupu, José Luis Rodríguez e Paulino. “Despois do encontro quedamos coa sensación de que marcaban a diferenza, como pensabamos antes, pero sen esquecer que hai outros moi bos xogadores que acompañan ao grupo”, detallou. Entre eles, fixo unha mención especial a Iñaki, quen non chegou para a ida, pero que intúe que estará a acompañar a Lupu na volta.

Este último será outro futbolista rápido e potente para o ataque, polo que ese será un dos aspectos craves a ter en conta. “Aquí a nosa idea de xogo é mover ao rival, pero con máis espazos tamén se pode correr máis, polo que temos que controlar moito a súa velocidade”, remarcou.

Evitando ese potencial do MiniGlorias, outra das intencións será expor un partido longo. “Queremos que o Alavés o pase mal como moitos outros equipos da Terceira que teñen moitísimo nivel. Analizando os resultados e o nivel de xogo contra eles, mesmo os do último mes, válennos moitos deses marcadores para pasar e iso é o que queremos”, reflectiu ante os medios.

Nese encontro longo, confían tamén no estado físico dos seus, vendo tamén a imaxe do outro día nese sentido. Con ese punto, a mentalidade será fundamental “resgardar a portería a cero, pero ao mesmo tempo co coitelo entre os dentes cara a portería rival”.

Para esta final, Yago Iglesias e o seu corpo técnico contan con todo o plantel á súa disposición, aínda que Sergio Pereira será dúbida ata o último momento por un contratempo físico.

Por tanto, acompañados dos seus, os nosos soñan cun domingo especial, rematando ao grande as Festas da Ascensión. Desde as 17.45 comezará a eliminatoria e o primeiro gol debe chegar desde a bancada para que os branquiazuis gocen desa motivación extra para lograr a remontada e seguir a peregrinación.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ E o domingo, segunda xornada de liga e primeira viaxe da tempada🆚 Club Portugalete Fundado 1909 🗓️ Domingo, 13/09🕦 11:30 horas🏟️ La Florida📺 Football Club #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🔜🏆 Este mércores temos cita na nosa casa cos 1/16 da #CopaFederación🆚 CD DERIO 🗓️ Mércores, 09/09🕖 19:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Abonados - Gratis | Xeral - 10€ | Menores de Idade - 2€👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 PARTIDO PATROCINADO🚗 🎟️ Mobify foi o patrocinador do #composmarino🙌 RECORDA! A compañía que lidera a mobilidade sostible en Galicia agasalla con 10€ de saldo aos abonados do Compos!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Volta ao traballo no San Lázaro IIToca repoñerse da derrota de onte, cunha semana na que teremos dobre cita: o mércores, na casa, coa #CopaFederación e o domingo, no País Vasco, coa Liga#composderio #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️ CRÓNICAOs nosos cederon na casa no debut da Liga, nun encontro no que todo saíu cruz🏆 O mércores, unha reválida, tamén como locais, cos 1/16 da #CopaFederación👉 sdcompostela.com/gl/2026/09/06/compos-liga-0-3-marino/📸 Ignacio Castaño Gómez#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.