Álvaro Casas, primeiro peregrino para o camiño á Segunda B

4 de Xuño de 2019

Renovación-Casas

  • O capitán renova por un ano máis o seu compromiso co Compos

Santiago de Compostela, a 4 de Xuño de 2019.

A SD Compostela 2019/20 xa ten ao seu primeiro peregrino para o seu camiño á Segunda División B. O capitán Álvaro Casas Rancaño, un dos buques insignias do proxecto, renovou o seu compromiso co club branquiazul, co que cumprirá a súa terceira tempada.

De Santiago e con 25 anos, Casas cumpre á perfección os valores do compromiso compostelanista: un xogador novo, da casa e cunha enorme proxección no fútbol. Ademais, representa un dos alicerces fundamentais destes dous últimos cursos, nos que foi dos futbolistas máis utilizados por Yago Iglesias, superando os 3.000 minutos en ambos anos, sumando as súas intervencións en Copa Deputación, Copa do Rey, Terceira División e Playoff de Ascenso.

O segundo capitán do plantel acumula xa setenta e cinco encontros coa elástica branquiazul, nos que se asentou no eixo da zaga. A maiores, nesta última campaña marcou os seus dous primeiros tantos co Compos, na xornada 5 na visita ao Paiosaco e na 10 ante o Porriño Industrial.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽💙 Este domingo temos unha cita co fútbol galego.En TEN estamos orgullosos de apoiar ao SD Compostela e de formar parte dos proxectos que contribúen a fortalecer o deporte e a vida social da nosa contorna.📅 Domingo, 7 de xuño🕡 18:30 h📍 Estadio Verónica BoqueteMoita sorte!#SDCompostela #fútbolgalego ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.