Roberto Baleato, experiencia e músculo para a SD Compostela

28 de Xuño de 2019

Fichaxe-Baleato-Twitter

  • Alterna as posicións de mediocentro ou central e procede do Bergantiños

Santiago de Compostela, a 28 de Xuño de 2019.

Roberto Baleato Pérez (11/05/1990) convértese na segunda incorporación da SD Compostela para a tempada 2018/19. O xogador de Val do Dubra procede do Bergantiños FC, conxunto no que disputou as dúas últimas campañas, e firma por unha tempada.

Coa súa incorporación, o Compos faise cun xogador polivalente, que pode actuar tanto na posición de mediocentro como de central, con moita experiencia, en Terceira División e en categorías superiores, e con moita presenza física, ese perfil que buscaba o corpo técnico. Ademais, tamén destaca pola súa fortaleza no xogo aéreo en tarefas ofensivas e defensivas, así como a súa extraordinaria colocación sobre o terreo de xogo.

Aos seus 29 anos, será a súa oitava tempada na categoría, na que acumula máis de douscentos encontros, divididos entre as súas etapas no SDC Ordes, Racing Club de Ferrol, UD Somozas e Bergantiños FC. A estes engade outros cincuenta e un na división de bronce do fútbol español, todos eles nas filas da UD Somozas. A maiores, conta con catro fases de ascenso ás súas costas, celebrando un salto de categoría na 13/14.

Nos seus últimos cursos en Carballo, Baleato asentouse como un fixo nas aliñacións de Miguel Figueira, disputando 42 e 41 partidos, respectivamente, e participando activamente nos dous playoffs de ascenso do cadro vermello. En ambos superou amplamente os 3.000 minutos de xogo e conseguiu anotar 12 goles, moitos deles en xogadas a balón parado.

Trala súa firma, o equipo branquiazul conta xa con trece xogadores para a próxima tempada, con dúas caras novas, Gabri Palmás e Baleato; un regreso de cesión, Jorge Queiruga; e dez renovacións, Álvaro Casas, Álvaro Naveira, Alberto Freire, Anxo Pérez, Brais Abelenda, Josiño, Mon, Samu, Saro e Sergio Pereira.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.