Miki seguirá percutindo pola banda dereita do Vero Boquete

2 de Xullo de 2019

Miki-Villar-Renovación-Twitter

  • ‘O lóstrego de Nigrán’, máximo asistente do equipo o curso pasado, cumprirá a súa segunda campaña no club

Santiago de Compostela, a 2 de Xullo de 2019.

A banda dereita da SD Compostela 2019/20, no seu camiño á Segunda División B, gozará da velocidade endiañada do ‘lóstrego de Nigrán’. Miguel Villar Alonso ‘Miki’, máximo asistente do equipo a pasada tempada, amplía a súa vinculación co club por un ano, polo que cumprirá a súa segunda campaña baixo as ordes de Yago Iglesias.

Miki, na súa estrea no conxunto da capital galega, foi un dos xogadores máis utilizados polo corpo técnico, asentándose como unha peza chave no esquema de xogo, tanto na faceta de carrileiro, coa defensa de tres centrais, como na de extremo.

Axudado polas dimensións do templo branquiazul, a súa rapidez e habilidade polos costados fixo as delicias do público, fornecendo con innumerables centros e pases de gol aos dianteiros. Un claro exemplo diso foi a asistencia a Aythami no terceiro tanto contra o Deportivo Alavés B ou as tres que deu no duelo coa UD Somozas.

Ao final do curso, o mozo futbolista de 22 anos rozou os 3.000 minutos de xogo, divididos en 43 encontros oficiais (31 como titular), entre Copa Deputación, Copa do Rei e Liga. Ademais, tamén acabou celebrando sete goles, tres deles na competición doméstica, destacando a diana ante o CD Ribadumia, coa que o club certificaba a súa presenza no playoff.

Coa súa firma, o Compos conta xa con quince xogadores do plantel que buscará o salto de categoría, once deles que continúan. Están confirmados, ademais de Miki, Álvaro Casas, Álvaro Naveira, Alberto Freire, Anxo Pérez, Brais Abelenda, Gabri Palmás, Hugo Sanmartín, Jorge Queiruga, Josiño, Mon, Roberto Baleato, Samu, Saro e Sergio Pereira.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🧐 Preparados para mañá!💪🏟️ Concentrados e mentalizados para sumar de 3⃣ no Vao 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.