Rodri: “Os pequenos detalles fan que a elección de vir ao Compos sexa máis fácil”

12 de Xullo de 2019

Presentación Rodri 3

  • O dianteiro berciano destacou o proxecto deportivo e mostrou ambición na súa presentación

Santiago de Compostela, a 12 de Xullo de 2019.

Rodri Alonso Fernández, o dianteiro para a SD Compostela 2019/20, foi presentado esta mañá nas instalacións da Taberna de San Lázaro como novo xogador branquiazul. O xogador berciano, acompañado polo vicepresidente Javier García e Manuel Torres, xerente do local, mostrou moita ambición nas súas primeiras palabras.

“O Compos é un equipo moi importante a nivel galego, o proxecto deportivo é moi bo e iso é o que lle interesa a un xogador. Ademais, outros pequenos detalles, como a cidade ou o campo, fan que a elección de vir aquí sexa máis fácil”, explicou Rodri.

Precisamente, a resposta final, a pesar de ter algunha outra oferta, non lle resultou complicada de dar. “A aposta máis firme creo que foi a do Compostela, polo que a decisión non foi complicada”, asegurou.

Nas súas conversacións con Manu, confesou que o que pretende o Compos del é “ambición, porque se merecen estar noutra categoría, traballo, ilusión como o que máis e a partir de aí aproveitar o meu estilo de xogo rápido, con desmarques, choques e goles”, detallou.

Para iso, prefire actuar como referencia, malia que tamén pode facelo en ambas bandas pola súa velocidade. “Estou moito máis cómodo de dianteiro centro, é a miña posición preferida e onde creo que rendo máis”, confesou.

Con todo, non se quixo mollar cunha cifra de goles, pero comentou que a todos lles gusta rozar a vintena. De momento, só quere pensar na pretempada, en coller sensacións tras moitas semanas parado e en entrar no grupo, onde lle esperan algúns ex-compañeiros.

“Con Antas será o terceiro ano seguido e con Baleato estiven en Bergantiños. Está moi ben reencontrarse con eles, porque máis que compañeiros, para min son amigos”, destacou. A maiores, agarda tamén “facer un grupo o máis ameno posible, que sexa san, porque é o importante para lograr os retos”.

Xunto a eles, e o resto do plantel, cre que o club ten unha gran base. “Formouse un equipo moi competitivo, con moitas renovacións importantes e que coas novas fichaxes fan un bloque bo”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
✍️ CRÓNICAOs nosos cederon na casa no debut da Liga, nun encontro no que todo saíu cruz🏆 O mércores, unha reválida, tamén como locais, cos 1/16 da #CopaFederación👉 sdcompostela.com/gl/2026/09/06/compos-liga-0-3-marino/📸 Ignacio Castaño Gómez#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #ComposMarino🩵🤍 O técnico valorou en sala de prensa a derrota na estrea no Vero Boquete👉 O adestrador agradeceu o apoio da afección e xa mira ao seguinte duelo, este mércores, na casa, na #CopaFederación 📹 youtu.be/AUhEbJmcBLo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-3️⃣ Club Marino de Luanco📸 Ignacio Castaño Gómez#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ Club Marino de Luanco#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
DÍA DE PARTIDO! DÍA DE COMPOS! 🩵🤍COMEZAMOS A LIGA NA NOSA CASA E PRECISAMOS O APOIO DE TODOS! 🏟️🆚 Club Marino de Luanco 🏟️ Vero Boquete🕛 12:00 horas🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/📸 Nacho Castaño#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.