Pleno de vitorias nos equipos de fútbol 11

21 de Outubro de 2019
Resultado 20 Outubro 1
Resultado da base da fin de semana.
  • Gañou o filial e fixeron dobretes os xuvenís, cadetes e infantís

Santiago de Compostela, a 21 de Outubro de 2019.

A nova xornada para a base da SD Compostela deixou o portentoso pleno de triunfos dos equipos de fútbol 11. O filial, o domingo pola tarde, pechou o círculo que se comezou a fraguar o sábado co dobrete dos infantís. Posteriormente, os xuvenís e os cadetes selaron unha fin de semana para o recordo. Deste xeito, todos estes equipos afiánzanse no primeiro cuarto das súas clasificacións, destacando os postos de ascenso dos conxuntos de Liga Galega, o liderado do Infantil B ou o co-liderado do Cadete B.

En primeiro lugar, o SD Compostela-Zona Vella conseguiu regresar á senda do triunfo, despois de superar na casa, no derbi, ao Amio. Os branquiazuis, que viñan dun empate como visitantes, volveron sumar de tres e achéganse aos postos de ascenso. Un dobrete do pichichi Bruno Pouso, cunha diana en cada parte, deixou os tres puntos en Santa Isabel, a pesar de que os visitantes recortarían diferenzas ao final.

Continuando coa súa bo dinámica, o Xuvenil A volveu sumar lonxe de Santiago, o único pero que lle marcou nas primeiras xornadas, e situouse segundo na táboa con 16 puntos, a tan só un do líder, o Atlético Coruña. O 1-3 contra o Bergantiños fraguouse cun dobrete de Alberto Pampín, no primeiro acto, vantaxe ampliada por Manuel Rivas no segundo. Pola súa banda, o Xuvenil B atopouse con sensacións positivas, despois de vencer ao Atlético Fátima por 1-5. Agustín Pintos, Uxío Figueroa, Sergio García, Pablo Barreiro e Gerardo Lago selaron a manita.

En cadetes, o Cadete A fixo bo o empate na casa cun triunfo por 0-2 na súa visita ao Dumbría. O pichichi Iker Carril, que xa leva seis tantos, e Hugo Pérez, un en cada parte, certificaron a vitoria dun Compos que marcha terceiro, empatado co Atlético Coruña, segundo, e a tres do líder, o Deportivo B. Tamén na segunda posición, malia que no seu caso empatado co líder, marcha un Cadete B que goleou ao Villestro B. O máximo realizador do campionato, Zubo Yang, anotou catro das dianas dos branquiazuis. As restantes foron obra de Asier Guldris, Joel Rolf Seoane e Xiao Pereiro, con tres dobretes, e o outro de David Porto.

E para terminar con fútbol 11, os dous triunfos en infantís. O Infantil A volveu á boa senda cunha clara vitoria por 7-0 ante a AD Nicrariense. Leo González e Jamie Black marcaron dous goles cada un, mentres que Anxo Olveira, Hugo Vilaseco e Anxo Fuentes puxeron a guinda ao marcador. Agora sitúanse cuartos, a tres do líder, aínda que cun partido máis. Polo seu lado, o Infantil B segue de primeiro e invicto ao sumar tres novos puntos en casa no derbi contra o Amio (2-0). Yago Vilariño e Sergio Varela marcaron os tantos dos branquiazuis na primeira metade do encontro.

En fútbol 8, o Alevín A sumou outra nova vitoria, pola mínima (1-0), para seguir na parte máis alta da clasificación, mentres que o Alevín B e o Alevín C perderon contra o Bertamiráns e o Nicrariense. Similares circunstancias vivíronse na seguinte categoría, na que o Benxamín A, co-líder, superou ao San Pedro e o Benxamín B caeu ante o Atlético Fátima. O último conxunto en xogar foi o Prebenxamín B, que empatou co Racing San Lorenzo.

Por último, en fútbol sala, debutaron os dous equipos biberóns da SD Compostela con senllas derrotas contra o Villestro B e o Calo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎯 Toca gañar! Toca volver á senda da vitoria na nosa casa 💪🩵🤍x20 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 26/01🕛 12.00 horas🤝 Patrocinado por Alcampo 📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo para preparar o derbi deste domingo ante a Real Club Deportivo de La Coruña Fabril⚽️ Traballo duro para volver a senda das vitorias e comezar a sumar de 3⃣ nesta segunda volta#composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ Antón Permuy🗣️ Declaracións do adestrador branquiazul tralo derbi en Pasarón #pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🔚 FINAL @pontevedra_cf_sad 4️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ @manuurivaas_#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSO Pontevedra Club de Fútbol SAD 1️⃣-0️⃣ COMPOS #pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.