Brais Abelenda: “Temos que seguir coa dinámica de casa nos de fóra”

25 de Outubro de 2019
IMG 20191024 185506 3 1
David Castiñeiras, Brais Abelenda e Javier Puñal en Castyromer.
  • O dianteiro analizou a previa do encontro contra o As Pontes en Castyromer

Santiago de Compostela, a 25 de Outubro de 2019.

O pichichi da SD Compostela, Brais Abelenda, analizou onte, na sede de Castyromer, patrocinador oficial do club unha tempada máis, a previa do encontro deste domingo contra o As Pontes. O de Bembibre, a pesar da diferenza na clasificación, avisa dos puntos fortes dun conxunto moi goleador.

“É un equipo que lle gusta tamén ter a pelota, como a nós, e leva moitos goles a favor para a posición que ocupa. O que lle penaliza é a súa defensa, polo que debemos potenciar o noso ataque contra ela, malia que sempre tendo coidado atrás, porque xeran moito”, explicou o atacante branquiazul.

Por iso, ante os quince goles dos ponteses, con só un duelo no que non viu porta, Brais aposta por manter a portería a cero. “Temos que tentar seguir coa dinámica de casa aos partidos de fóra. Vimos dunha derrota e eles de dous empates, aínda que levan moito tempo sen gañar, polo que debemos buscar a portería a cero, porque ofensivamente sempre temos ocasións e iso facilitaranos para gañar o partido”, analizou.

Con esa aposta clara, a cal sempre asegura puntos, os nosos tentan avanzar nunha competición moi igualada. “Este ano parece que tódolos equipos van dar guerra. Ofensivamente, todos teñen xogadores de calidade e hai que estar concentrados. Esta tempada estamos a encaixar menos e esa é a liña a seguir”, matizou.

Se a parcela defensiva cumpre, a ofensiva, con Abelenda entre eles, buscará materializar as máximas ocasións posibles, partindo da zona do campo que sexa. “Tento adaptarme a tódalas posicións. Yago sempre nos conciencia para que podamos xogar en calquera posición, e cando hai unha baixa ou cubrir algún posto, que non é o habitual, hai que facelo o mellor posible”, comentou.

No que a el respecta, sexa partindo desde a banda ou no centro de ataque, sempre que estea no once, está contento. “Xogando de 9 teño bastante mobilidade, tentando aparecer por zonas que podamos xerar perigo ou dúbidas na defensa, e tentar ocupar os espazos que crean os meus compañeiros. Está a darse unha tempada moi boa, síntome moi cómodo”, concluíu.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.