Iván Cancela, poñente no II Clínic La Excelencia del Entrenador

19 de Decembro de 2019

Iván Cancela (11/07/1982 – Tordoia), presidente do Comité Galego de Adestradores, Director da Escola Galega de Adestradores e Seleccionador Galego UEFA participará o 27 de decembro no II Clínic La Excelencia del Entrenador, no que impartirá unha charla titulada “A Escola e o Comité ao Servizo do Adestrador Galego”.

Brevemente, cal é a súa traxectoria?

Como xogador, pasei pola SD Dubra, Atlético Mineiro, Santa Comba CF, Chaián CF, SD Tordoia e Xallas CF, onde tamén me convertín en adestrador.

Dende os 21 anos, xa adestraba nas categorías base da SD Dubra, no Alevín, no Feminino e no Xuvenil de Liga Galega; pero na miña última campaña no Xallas CF, ascendemos á Primeira Rexional e pasei a ser o adestrador. Nese equipo estiven en dúas etapas, adestrando tamén na SD Dubra, no Sporting Zas e na SD Sofán, que foi o meu último equipo antes de abrir unha nova páxina como Presidente do Comité Galego de Adestradores.

Na Federación Galega xa facía labores de mestre na Escola Galega de Adestradores, compaxinándoo coa miña profesión como mestre nun colexio de Coristanco, no cal, agora mesmo, estou de excedencia.

Como se está a involucrar a Federación Galega de Fútbol cos adestradores galegos?

Dende a chegada de Rafael Louzán, a Federación Galega está inmersa nun proceso de evolución constante e goza de moi boa saúde. Por iso, desde a Escola e Comité Galego de Adestradores, cremos que a evolución no fútbol vai sempre parella á formación, e iso é o que estamos intentando facer, apostar forte pola formación dos adestradores galegos. Creo que isto se está a notar, xa que o nivel dos adestradores de Galicia é sobresaínte, así como a melloría no fútbol galego.

É necesaria tanta tecnoloxía para que os adestradores fagan o seu traballo? Non se está a perder o talento que estes teñen entre tantas estatísticas?

Creo que as novas tecnoloxías chegaron ao mundo do fútbol para quedarse. O fútbol está en evolución constante, cada vez tírase máis cara á especificidade e non creo que o uso das tecnoloxías vaia a minguar, se non que creo que vai a aumentar.

Por iso, é moi importante saber usalas e darlle a importancia que teñen. Sabendo usalas na súa xusta medida, creo que aporta moita información e aumenta a calidade do traballo, tanto dos xogadores coma dos propios adestradores.

Por último, pode darlle algún consello aos adestradores máis novos?

Que se formen, xa que esta vai parella á evolución no fútbol. Que aposten por iniciativas como neste caso tedes na SD Compostela, co Clínic da Excelencia do Adestrador, para que sigan actualizándose e non perdan corda neste mundo tan competitivo como é o fútbol.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.