A duodécima chegou no clásico

9 de Febreiro de 2020
Celebración Samu vs Bergantiños CF 1
Samu celebrou o seu tanto, nun partido patrocinado por Sisrecon. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos superou ao Bergantiños cun gol de Samu na segunda metade

Santiago de Compostela, a 9 de Febreiro de 2020.

A SD Compostela xa ten a duodécima vitoria consecutiva no Vero Boquete no bote. Os branquiazuis superaron ao Bergantiños por 1-0 grazas ao golazo de Samu na segunda metade. Romperon ademais o seu gafe contra os de Carballo no clásico de Terceira, ampliaron a súa dinámica ata os cinco triunfos seguidos e manteñen a súa vantaxe no alto da clasificación.

Falar dun Compos vs Bergantiños é facelo dun clásico das últimas campañas, un duelo entre dous auténticos equipazos que dominaron a Terceira nestes anos. Por iso, a pesar da diferenza actual na clasificación, o Vero Boquete agardaba un choque de trens que se decidiría por pequenos detalles.

Cun día chuvioso, que provocaba que o campo estivese un pouco pesado, ambos equipos saíron coa intención de levar a batuta do esférico. Os locais, fieis ao seu estilo, e os visitantes, coa idea que tenta plasmar Lemos. Así, a bancada gozou desde o inicio dun partido atrevido e igualado.

Tras uns primeiros compases sen demasiados achegamentos, aos vinte minutos, os branquiazuis tiveron o primeiro, e vaia se o tiveron, pero escapouse por milímetros, eses que lle faltaron á pelota para cruzar a liña de gol. Primo cazou o balón mal tocado por Iago López, foise de Canedo e con todo a favor, quixo asegurar e iso provocou que ao central lle dese tempo de refacerse e sacala co pé.

Tamén crearon perigo os visitantes sete máis tarde. Neste caso, Aarón puxo o centro desde a banda, o despexe de cabeza da zaga quedou curto e Yelco, que controlou a pelota no interior da área, buscou un disparo tan axustado que se marchou rozando o pau da portería de Pato.

Cunha clara acción por bando, chegouse ao intermedio, deixando todo por decidir para a segunda metade. Nela, tralo paso polos vestiarios, os branquiazuis deron un paso adiante e non deixaron que o seu rival se achegase pola súa área. Movendo a pelota con rapidez, e de lado a lado, as ocasións para os compostelanistas comezaron a chegar con asiduidade.

Os branquiazuis saíron cunha marcha máis e aos nove minutos, por fin, mandaron o esférico ao fondo da rede. Foi nunha xogada a balón parado, na que Samu e Bicho estiveron moi listos. O primeiro sacou en curto para o segundo, o mediapunta encarou ao defensor para forzar o dous para un e deixouna suave para un Samu que en carreira, desde o pico da área, mandou un zambombazo teledirixido que se coou polo primeiro pau. Un auténtico golazo para romper o equilibrio que imperaba.

O tanto elevou os ánimos aínda máis aos nosos, que seguiron persistindo no ataque para poder lograr o segundo. Fixérono por medio de Miki, cunha gran asistencia de Bicho, pero o xuíz de liña anulou a acción por fóra de xogo. O propio extremo de Nigrán, inmediatamente despois, si a colleu en posición correcta, foise de Iago cun gran autopase e colocou un centro medido para Brais Abelenda que, por dúas veces, atopouse coas pernas dun rival e o lateral da rede.

A pesar dos cambios en ambos bandos, a iniciativa era local e a falta dun cuarto de hora rozou o gol de novo en dúas ocasións. Entre Canedo e o pau sacaron un remate de Primo desde a liña de fondo, mentres que a continuación Aarón apareceu providencial para evitar coa súa perna que unha xogada de fantasía acabase en gol. Brais Abelenda púxoa para Bicho, o mediapunta controlouna virándose e deixoulla para Miki co tacón, pero no disparo, o de Nigrán atopouse co lateral.

Sen sorte no ataque, os tres puntos pasaban por dominar a pelota ata o final e así o fixeron os branquiazuis. Sen sufrir o máis mínimo controlaron a contenda con experiencia e mesmo estiveron máis preto de aumentar a vantaxe, pero Primo, que non tiña a súa tarde máis acertada, atopouse con Canedo na última acción do duelo.

Co asubío final, o Compos levou a contenda, por fin, contra o Bergantiños. Rompeu o gafe contra os de Carballo e logrou o duodécimo triunfo consecutivo no fortín no que vai de tempada, a unha da marca histórica. Con cinco vitorias seguidas neste 2020, seguen no máis alto con catro puntos de vantaxe sobre o segundo, antes de visitar ao Fabril, o vindeiro domingo.

FICHA TÉCNICA:

1- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Jimmy; Samu, Pablo Antas; Miki (Hugo Sanmartín, m.78), Bicho (Josiño, m.85), Brais Abelenda; e Primo.

0- Bergantiños CF: Canedo; Vela (Klak, m.82), Iago López, Agulló, Aarón; Toni (Antonio, m.66), Remeseiro; Yelco, Cabanillas, Cano; e Rivera (Duque, m.61).

Goles: 1-0: Samu, min.54.

Árbitro: Pereira Ferreirro (Vigo). Amoestou a Primo, Soto, Pablo Antas, Bicho e Hugo Sanmartín, polo Compos; e a Toni, Klak e Lemos (no banco), polos visitantes.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago). Partido da vixésimo terceira xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 920 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.