O Compos medita a súa inscrición no playoff exprés

28 de Maio de 2020
  • O club cualifica de inaceptable e bochornosa a actitude da federación e pide que se controle o cumprimento dos protocolos
  • A entidade quere agradecer aos seus xogadores e técnicos a súa xenerosidade

Santiago de Compostela, a 28 de Maio de 2020.

A xunta directiva do Compos, reunida esta semana vía telemática para analizar a documentación que recibira da Federación Española de Fútbol, cualificou de bochornosa e inaceptable a actitude do ente nacional, dando traslado a súa asesoría xurídica de dita documentación para o estudo das consecuencias que poidan derivarse da mesma.

O club bota en falta na mesma mecanismos de control sobre os protocolos e observa que tampouco se prevén sancións para aqueles conxuntos que non os cumpran. É dicir, o trato que recibirán os que os cumpran semella que será o mesmo que aqueles que os vulneren, e isto está fora de toda lóxica. Polo tanto, entende o club que debe ser a propia Federación a que poña en marcha eses mecanismos de control para salvagardar a saúde de todos.

Por iso, o Compos dáse de prazo ata a vindeira semana para a súa inscrición no playoff exprés. Agardará instrucións por parte dos seus avogados, que traballan xunto cos técnicos de vixilancia da saúde, en primeiro lugar, para que se garanta a seguridade sanitaria dos participantes, xogadores e corpo técnico; e, do mesmo modo, a seguridade xurídica do club ao participar nesta competición. Non aceptará ningunha situación que supoña un risco para a saúde dos seus membros.

Ademais, a xunta directiva quixo facer fincapé no contraste que hai entre a deficiente actitude da Federación e o desprezo ao fútbol non profesional das autoridades sanitarias, en contraposición coa xenerosidade que amosan os clubs dende as súas directivas, así como da boa predisposición do plantel e corpo técnico. Neste senso, o club quere agradecer a xogadores e corpo técnico a súa xenerosidade e esforzo para ampliar o seu compromiso ata o 25 de xullo.

Por outra banda, a xunta directiva mediu tamén as consecuencias desta desgraciada pandemia, percibindo que o club se terá que endebedar ao final de tempada. Neste parón, deixou de ingresar un 20% dos ingresos previstos, ao que se suma un playoff que xerará gastos, pero ningún ingreso. Como resposta, tratará de minimizar o impacto desa débeda e compensala dalgún xeito en vindeiras tempadas.

Ante a posibilidade de xogar o playoff e de retomar a súa actividade diaria, o Compos aprobou tamén nesta cita un protocolo para regresar ao traballo nas súas oficinas e, ademais, presentou un plan preventivo para a volta aos adestramentos de xogadores e corpo técnico. Asemade, agardará á semana que ven para xuntar o material sanitario y de desinfección, por se fose necesario.

Por último, na xuntanza virtual deuse conta da boa predisposición do concello para volver a usar as súas instalacións, con todas as facilidades e colaboración absoluta. O club quere agradecer ao concello o trato recibido a través do seu departamento de deportes.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 UD Llanera 🏟️ Pepe Quimarán🕔 17:00 horas🎟️ 15€ - Xeral | Gratis - Menores de Idade📺 Tiivii TV🙌 A pola terceira seguida co voso apoio!📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera 👉 Os nosos para mañá, coa primeira convocatoria para Vilela, tras recuperarse da súa lesión#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #llaneracompos⚒️ Semana de traballo completada no Campo do Sergas🩵🤍 Estamos preparados para o encontro de mañá na herba artificial do Pepe QuimaránIremos con todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.