SD Compostela, un ano deportivo redondo

28 de Xullo de 2020
Celebración Recortada 1
  • Ao ascenso a Segunda B, sumouse o de tres equipos da base
  • O club agradece o compromiso e apoio dos patrocinadores nun ano tan complicado

Santiago de Compostela, a 28 de Xullo de 2020.

A tempada 19/20 chegou ao seu fin para a SD Compostela da mellor maneira posible, co ansiado ascenso á Segunda División B. Despois de catro anos de proxecto, o club alcanzou o salto de categoría que pretendía, e seguindo ao pé da letra os pasos marcados. Pero non só iso, senón que tamén ascendeu con tres equipos das categorías inferiores: o Xuvenil A, o Cadete A e o Cadete B.

A pesar da paralización das competicións, como consecuencia da pandemia do coronavirus, o Compos logrou o obxectivo soñado a través dun playoff exprés no que se impuxo a outros tres rivais galegos. Despois dunha Liga impecable, na que terminou en primeira posición ao chegar ao parón, os nosos deron o último paso, o do ansiado ascenso.

Con Yago Iglesias como guía do proxecto, desde que arribou en terras compostelás fai catro tempadas, o Compos seguiu un modelo de xogo moi recoñecible e cunha estrutura na que sempre se apostou por xogadores novos, con proxección e con vinculación á capital galega. Con estas bases, e tras quedar a un paso de logralo en dúas ocasións, por fin chegou a festa tan agardada.

Pechouse así o círculo na Terceira División, catro anos nos que se lograron dous títulos de liga, tres clasificacións para o playoff consecutivas, unha Copa Deputación, unha Copa Federación e na que se superou unha rolda da Copa do Rei. Do mesmo xeito, superaron marcas históricas da entidade, como a de maior puntuación do club nunha categoría nacional (86 puntos) ou a de minutos seguidos sen encaixar gol (798 minutos); e igualáronse outras, como a de vitorias seguidas (10) e vitorias seguidas como local nunha mesma tempada (13).

Categorías Inferiores

Ademais do éxito do primeiro equipo, a SD Compostela tamén tivo moito que celebrar nas categorías inferiores. Nun curso no que multiplicou o número de nenos e nenas que forman parte do sentimento branquiazul, o club logrou o ascenso en tres conxuntos de Fútbol-11.

Deste xeito, alcanzouse o ansiado salto de categoría co Xuvenil A, de Liga Galega a Liga Nacional; tamén o do Cadete A, de Liga Galega a División de Honra; e, por último, o do Cadete B, de Segunda a Primeira Autonómica.

Mentres tanto, en fútbol-8, mantivéronse as bases dun proxecto sólido, que aposta pola formación e o divertimento nos primeiros anos de contacto co fútbol, unhas idades nas que debe primar o pasalo ben, aínda que sempre seguindo os valores sans que rodean á práctica deportiva (amizade, saúde, compañeirismo…).

Patrocinadores

A maiores, e como non podía ser doutra maneira, a SD Compostela quere agradecer a todos os patrocinadores que apoiaron ao club neste ano tan convulso. Empresas que forman parte da SD Empresarial e que fan posible a continuidade e viabilidade da estrutura de club. Cada día, esta familia de empresas faise máis grande, polo que desde o club queren reiterar o seu agradecemento a todas elas polo seu compromiso, ao mesmo tempo que convidan a todas as que aínda non forman parte da entidade, que se sumen ao proxecto.

Tenda Oficial

Por último, e como un fito histórico na entidade, a SD Compostela abriu esta tempada a primeira Tenda Oficial do Club, situada na Rúa da Raíña, 8. Un espazo que se converteu nunha nova casa para os compostelanistas e na que os afeccionados poden atopar todo o merchandising do Compos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.