Grazas afección

29 de Xullo de 2020
Afición Terrassa 1
Estamos desexando volver a vervos no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.
  • O club agradece todo o apoio recibido nun ano tan convulso
  • Os abonados desta tempada, como compensación, terán un 25% de desconto no abono da próxima
  • A Campaña de Abonados arrincará sobre o 20 de agosto e haberá un 10% de desconto a maiores para os que colaboren coa Fundación SD Compostela

Santiago de Compostela, a 29 de Xullo de 2020.

Grazas afección. Un ano máis, todos os compostelanistas demostrastes o voso apoio incondicional á SD Compostela, un agarimo e unha axuda que nos chegan moi dentro e que fan posibles éxitos tales como os desta tempada. Sodes unha pedra angular deste proxecto, e como tal, o club quere agradecervos todo o voso apoio, máis aínda, nun ano tan convulso.

Por iso, a entidade quere mandarvos todo o ánimo do mundo para superar este difícil momento que estamos a pasar, alentándovos a que sigades loitando para superar este virus. Do mesmo xeito, de corazón, queremos agradecervos o voso civismo desde a declaración da pandemia e, especialmente, durante a celebración do Playoff Exprés, xa que mantivestes, en todo momento, a compostura e respectastes as medidas de seguridade e hixiene. Estamos moi orgullosos.

Por outra banda, e como compensación por toda a situación vivida, a cal obrigou á paralización da competición, os abonados desta pasada campaña terán un 25% de desconto no abono da próxima tempada, a do regreso á Segunda División B. Ademais, pódese sumar un 10% máis de desconto se se colabora coa Fundación SD Compostela, destinando parte do abono a este ente.

Por último, e debido ao termo tardío da competición e ao consecuente atraso na reapertura do próximo curso, a data prevista para a posta en marcha da Campaña de Abonados 20/21 será sobre o 20 de agosto, aproximadamente. En todo caso, manterémosvos informados polas redes sociais do club. Forza Compos! 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.