O capitán seguirá en Segunda B

1 de Agosto de 2020
Continuidad Álvaro Casas 1
  • Álvaro Casas ten contrato ata 2021, aínda que se negociará a ampliación no regreso aos adestramentos

Santiago de Compostela, a 1 de Agosto de 2020.

A SD Compostela ten capitán para o seu regreso á Segunda División B. Álvaro Casas seguirá unha tempada máis liderando ao equipo branquiazul, desde o eixo da zaga, en busca de alcanzar os seus obxectivos. Ao central aínda lle resta un ano de contrato co Compos, aínda que o club negociará a ampliación do mesmo na volta aos adestramentos.

Deste xeito, o plantel compostelanista contará na división de bronce do fútbol nacional cun líder dentro e fóra do campo, un xogador moi querido tanto dentro do vestiario como pola afección. E é que nas súas tres campañas anteriores foi un fixo no once titular de Yago Iglesias, sendo dos xogadores con máis minutos ao final de cada unha das tempadas. Ademais, grazas ao seu gran rendemento, foi nomeado polos seguidores branquiazuis como “Xogador 5 Estrelas Compos” en dúas ocasións.

Aos seus 26 anos, e en plena madurez futbolística, o santiagués regresa así a unha categoría na que disputou dúas tempadas, enrolado nas filas do RC Celta B e do CD Mensajero, para un total de 27 encontros, aínda que daquelas actuaba como pivote defensivo.

Mentres tanto, na SD Compostela, da man de Yago Iglesias, pasou a xogar de central, posición na que sobresaíu durante estas tres campañas. Con el, o Compos logrou as súas dúas ligas, os tres playoffs consecutivos, unha Copa Deputación e a fase autonómica da Copa Federación. En total, 103 partidos co Compos, con máis de 3.000 minutos por tempada, agás esta última, malia que todo encamiñaba a iso cando se parou a competición, debido a que disputou todos os encontros coma titular, menos un.

Coa súa continuidade, a do gran capitán, a SD Compostela 20/21 ten xa tres pezas para a campaña do regreso á Segunda B: Borja Rey, Álvaro Casas e Brais Abelenda.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Dende o club queremos agradecer o apoio que tiñamos hoxe en Cambados, cun gran número de afeccionados presentes no campo, e lamentamos profundamentamente que non se puidese xogar o encontro Grazas por estar sempre aí! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
❌️ Adiado o partido en Burgáns polo estado do terreo de xogo debido ás inclemencias meteorolóxicas📸 Nacho Castaño #cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️📋 ONCE 🆚 Club Juventud Cambados 🩵🤍 Os nosos para o partido desta tarde#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 A recuperar a boa senda na Liga!🆚 Club Juventud Cambados 🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns🎫 12€#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA 🆚 Club Juventud Cambados 🩵🤍 Os nosos para o partido de mañá en Burgáns ás 17:00 horas#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.