Matías Vesprini, un central zurdo para o Compos de Segunda B

8 de Setembro de 2020
Fichaje Matías Vesprini 1
  • O xogador arxentino de 20 anos chega cedido polo CD Lugo por unha tempada
  • Ven de realizar a pretempada co equipo de Segunda División e xa se adestrará hoxe cos seus novos compañeiros

Santiago de Compostela, a 24 de agosto de 2020.

O anhelado central zurdo xa está aquí. A SD Compostela 20/21 contará cos servizos de Matías Vesprini Pérez (27/02/00) para a tempada do seu regreso á Segunda División B. O xogador arxentino, afincado en Galicia dende pequeno, chega cedido por unha campaña procedente do Club Deportivo Lugo, conxunto co que estivo realizando a pretempada ata a data.

Coa chegada de Matías, Yago Iglesias contará no seu plantel cun defensor zurdo que pode actuar tanto no centro da defensa como no lateral esquerdo, unha polivalencia moi valorada polo corpo técnico. Ademais, o novo xogador branquiazul destaca pola súa rapidez e a súa gran saída de balón.

Aos seus 20 anos, Matías conta xa con dous cursos de experiencia na Terceira División, ambos nas filas do filial lucense. Tanto na súa última campaña como xuvenil como na primeira como sénior, foi un fixo nas aliñacións de José Durán. En total, disputou 56 encontros, 50 deles partindo de inicio. Do mesmo xeito, as súas boas calidades leváronlle a realizar tanto a pasada como esta pretempada co primeiro equipo, e mesmo estivo presente na recta final da liga de Segunda División ás ordes de Juanfran.

Antes de chegar a terras lucenses, nas que arribou no seu segundo curso como cadete, Matías pasou polas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo e do Pavillón Ourense.

Coa súa fichaxe, o Compos suma a vixésima peza ao seu plantel para a tempada do regreso á ansiada Segunda División B. Yago Iglesias contará para a ilusionante campaña na división de bronce do fútbol nacional con Pato, Borja Rey, Saro, Sergio Pereira, Álvaro Casas, Soto, Matías, Jimmy, Joel, Samu, Baleato, Pablo Antas, Bicho, Josiño, Juampa, Hugo Sanmartín, Miki, Gabri Palmás, Brais Abelenda e Primo.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.