Bicho: “Espero e desexo xogar o domingo porque é un partido moi especial para min”

21 de Outubro de 2020
Bicho Previa vs RC Deportivo de la Coruña 1
Natalia López, propietaria da Cervexaría Rúa Bella, acompañando a Bicho e Javier Puñal, director de marketing do club, na rolda de prensa desta mañá.
  • O mediapunta falou esta mañá, na cervexaría Rúa Bella, antes do duelo contra o club no que creceu como futbolista

Santiago de Compostela, a 21 de outubro de 2020.

As instalacións da cervexaría Rúa Bella, no casco histórico compostelán, foron utilizadas esta mañá para a rolda de prensa de Bicho, previa ao derbi deste domingo contra o RC Deportivo da Coruña. O patrocinador oficial do xogador deixou o seu local para que o mediapunta coruñés puidese expresar o seu sentir antes dun partido moi especial para el, no que se medirá ao club no que creceu como futbolista e no que chegou a debutar co primeiro equipo.

“É o club no que me criei, estiven 14 anos pertencendo a el, tiven a sorte de debutar en Segunda División co primeiro equipo, xusto con Fernando Vázquez, e teño moitísimos amigos alí. Por iso, espero e desexo xogar porque é un partido moi especial para min”, indicou o xogador compostelanista.

Con todo, a participación de Bicho estará en dúbida ata o último momento xa que arrastra molestias na  fascia do pé. “Levo con dores desde hai unhas semanas e sigo con molestias. O partido pasado non puiden estar dispoñible, pero aínda quedan uns días e espero estar co grupo”, comentou esperanzado.

Dada a lesión, o mediapunta descansou durante a semana pasada e, aínda que viaxou co equipo para estar cos seus compañeiros, xa estaba avisado de que non podería xogar. “Os terreos duros son máis complicados, polo que xa sabía que non podía estar. Agora, grazas ao traballo realizado co fisioterapeuta, imos tentar que se  desinflame a  fascia, que se pasen as molestias e que vaia a mellor”, analizou.

Con ese desexo de que as molestias desaparezan, esta tarde probarase no segundo adestramento do día. “O doutor quere que adestre esta tarde, ver como estou e se non me imposibilita, seguir. Teño que tentar adestrar o máximo posible, sen dor, para poder estar o domingo”, asegurou.

Nese encontro, precisamente, atoparase con Fernando Vázquez, o adestrador que o fixo debutar en Segunda División e ao que lle garda un agarimo especial. “Fernando, para min, é unha persoa moi especial porque me permitiu debutar co club da miña cidade, e será un dos adestradores máis especiais que terei sempre”, sinalou.

Do cadro herculino, Bicho destaca, especialmente, as individualidades que teñen, o cal quedou plasmado, ao seu entender, a fin de semana pasada. “O outro día non fan un bo partido, pero teñen xogadores de primeiro nivel e iso marca moito as diferenzas. En calquera que teñen vancha a meter para dentro e despois, aínda que non fose moito, tamén se notaba a presión do público”, expuxo ante os medios de comunicación.

Por iso, asegura que o Depor é o rival a bater, aínda que non teñen ningún medo ao gran derbi. “Non somos un equipo que destaquemos polo físico, pero temos claro cal é o noso estilo, o que nos levou a Segunda B, e temos que seguir con esa mentalidade, xa que por técnica non temos nada que envexarlle a ningún equipo”, destacou.

E, ademais, estará o aspecto anímico. “Partidos como este sempre tes moitas ganas de xogalo, estás supermotivado, e creo que o equipo se mostrará tal e como é. Esperamos dar unha boa imaxe e conseguir puntos”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para o seguinte partido na nosa casa 🩵🤍x24 🆚 Real Racing Club (Rayo Cantabria)🏟️ Estadio Vero Boquete🗓️ Domingo, 23 de febreiro🕔 17.00 horas💡 Ojoalvatio Asesoría Energética #composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕️🏟 Unha estrea no Vero Boquete con sabor doce 🙌 Markitos, Carlos Pérez e Fausto Tienza debutaron na súa nova casa con vitoria 🩵🤍 Os tres xogaron un gran partido e ademais Markitos redondeou a súa actuación co seu primeiro gol #composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🆕⏰ Novo HORARIO confirmado para o partido aprazado pola alerta laranxa 🩵🤍x20 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril🏟️ Vero Boquete🗓️ Mércores 19/03🕣 20.30 horas🤝 Patrocinado por Alcampo #composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯🩵🤍 Este domingo, a seguir sumando de 3⃣!x23 🆚 UM Escobedo🏟️ Estadio Eusebio Arce🗓️ Domingo, 16 de febreiro🕛 12.00 horas📺 www.tvfootballclub.com/#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️⚽️ O equipo regresa esta tarde ao traballo para preparar a saída deste domingo🏟️ Semana con tres adestramentos en artificial para adaptarse ás condicións do estadio da UM Escobedo #escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.