Buscando a primeira vitoria da tempada

30 de Outubro de 2020
  • Yago Iglesias asegurou que o empate pasado serviu ao equipo para comprender que a filosofía é perfectamente válida para a categoría

Santiago de Compostela, a 30 de Outubro de 2020.

A SD Compostela volve vivir este domingo un novo derbi galego, esta vez, fóra de casa. Os branquiazuis viaxarán na matinal para medirse ao Coruxo, buscando a primeira vitoria da tempada. Co reforzo do empate logrado no fortín, os nosos confían en saír vencedores do duelo do Vao.

Baixas. Samu e Bicho seguen coas molestias. Este domingo non van estar e incorporarémolos para a semana que vén, esa é a previsión. O resto está en perfectas condicións.

A semana. No tempo no que levamos, todas as semanas, a nivel de adestramentos, son moi boas. O grupo, desde o primeiro ano, sempre traballou moi ben, sempre se baleira en cada adestramento e en cada partido, polo que non temos nada que obxectar. O partido da fin de semana pasada serviunos para darnos conta de que a nosa idea de fútbol é perfectamente válida para a categoría e que somos capaces de competir contra calquera equipo. Ese é o listón e agora non pode baixar, polo que imos traballar todo o posible para que aumente e creo que ese primeiro punto reforzounos.

O primeiro gol. O que me preocuparía sería non xerar ocasións. Creo que será cuestión de tempo, mentres manteñamos o nivel e o número de ocasións. Sabemos que esta categoría non é a do ano pasado, na que, sobre todo en casa, xerabamos moitas ocasións, pero isto é outra cousa. Aquí os equipos defenden doutra maneira, manteñen durante máis tempo a estrutura e a orde, polo que non é nada que me preocupe. Si é certo que todos queremos empezar a gañar, sumar de tres e iso vese traducido con goles, polo que esperamos que empece esta fin de semana.

O rival. Esta fin de semana é un partido distinto, fóra de casa, contra un rival moi difícil e temos que baleirarnos para poder conseguir o primeiros tres puntos. Non hai que esquecer que os novos nesta categoría somos nós e que eles foron os mellores galegos o ano pasado. Ademais, continúan un gran número de xogadores e manteñen a proposta e filosofía do club: humilde, pero que fai ben as cousas, que sempre acerta nas fichaxes e todo iso conxugado co seu adestrador, Míchel, que leva moito tempo no fútbol e que sabe que tecla tocar para que o equipo funcione.

Perfil do Coruxo. É un equipo que lle gusta ter o balón, con xogadores, sobre todo de medio campo cara adiante, contrastados na categoría e en niveis superiores, os Álex Ares, Jairo, Mateo, Yebra ou Jonathan Vila. Sobre todo, creo que teñen unha das mellores bandas da categoría, a dereita, con Antón de Vicente de lateral e Mateo ou Álex Ares, xogando por diante. Teñen moito fútbol, moita experiencia e a clasificación actual non reflicte para nada onde estará ao final de liga, estou seguro.

O Vao. Temos claro que o Coruxo, tanto por adestrador como perfil de xogadores, propón un pouco máis e que quererá xogar. A dúbida será o tempo da fin de semana e ver como está O Vao. Contra o Zamora, o campo parecía que estaba ben e esperamos que así sexa, para que podamos ter un bo terreo de xogo e plasmar a nosa idea.

Obxectivo. O que queremos é sumar de tres, pero sabemos que o rival que temos en fronte vainos a esixir tanto ou máis como o da semana pasada.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Volta ao traballo no San Lázaro IIToca repoñerse da derrota de onte, cunha semana na que teremos dobre cita: o mércores, na casa, coa #CopaFederación e o domingo, no País Vasco, coa Liga#composderio #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
✍️ CRÓNICAOs nosos cederon na casa no debut da Liga, nun encontro no que todo saíu cruz🏆 O mércores, unha reválida, tamén como locais, cos 1/16 da #CopaFederación👉 sdcompostela.com/gl/2026/09/06/compos-liga-0-3-marino/📸 Ignacio Castaño Gómez#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #ComposMarino🩵🤍 O técnico valorou en sala de prensa a derrota na estrea no Vero Boquete👉 O adestrador agradeceu o apoio da afección e xa mira ao seguinte duelo, este mércores, na casa, na #CopaFederación 📹 youtu.be/AUhEbJmcBLo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-3️⃣ Club Marino de Luanco📸 Ignacio Castaño Gómez#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ Club Marino de Luanco#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.