Acordo entre SD Compostela e Footters para os partidos en Castela e León

5 de Novembro de 2020
twitter 1
  • Os abonados do club pagarán 12 euros polos tres partidos que quedan por disputar fóra de Galicia
  • A promoción, que inclúe todo o servizo da plataforma nesta primeira fase, está activa ata o 22 de novembro

Santiago de Compostela, a 5 de Novembro de 2020.

A Sociedade Deportiva Compostela e a plataforma audiovisual Footters chegaron a un acordo para que os abonados do club compostelán poidan ver, por un prezo exclusivo, os tres partidos restantes que o equipo disputará fóra da comunidade, así como o resto das retransmisións que ofrecen en cada xornada de Segunda B e Terceira, dentro da primeira fase da competición.

Deste xeito, por só 12 euros, todos aqueles que sexades abonados da SD Compostela beneficiádesvos do servizo completo de Footters para esta primeira parte da tempada. Ademais de todo o contido xeral, poderedes gozar en directo dos encontros que disputaremos, como visitantes, contra o Salamanca CF UDS (10-01-21), CD Guijuelo (07/02/21) e Zamora CF (14-03-21), duelos que non serán emitidos por ningún outro canle.

Para beneficiarse da promoción dos abonados da SD Compostela débese solicitar o código de alta na plataforma a través da seguinte ligazón: https://footters.typeform.com/to/y1hQG5B4 .

A promoción está activa ata o vindeiro domingo 22 de novembro, data a partir da perderíase a bonificación.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 SD Eibar B 👉 Os nosos xa están de camiño para o País Vasco🆕 Estrea convocatoria Rafa de Vicente#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🏅 Moitos parabéns, Alejandra Neira, polo campionato do mundo junior de ciclismo!🌈 Orgullo de Compostela 👏 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 4🩵🤍 O adestrador do Compos analizou as virtudes do rival, apuntou as claves para poder sumar a vitoria en Eibar e tamén fixo unha reflexión sobre o aspecto mental dos futbolistas#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜🎯 #eibarbcompos🗓️ 2 días🙌🧐 Co foco posto nunha nova vitoria📷 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.