Álvaro Casas: “As sensacións son boas desde o primeiro momento”

11 de Novembro de 2020
lvaro Casas Castyromer 2 1
Álvaro Casas, acompañado de David Castiñeiras, xerente de Castyromer, e Ramón Castro, encargado das relacións institucionais do club.
  • O capitán fixo unha análise do conseguido nestas catro primeiras xornadas de liga

Santiago de Compostela, a 11 de Novembro.

Na sede do seu patrocinador individual, Castyromer, Álvaro Casas, capitán da SD Compostela, fixo un balance sobre o conseguido polo equipo nestas catro primeiras xornadas de liga. Con cinco puntos e sextos na clasificación, o central branquiazul ve ao Compos moi ben e confía en seguir con este camiño para seguir dando pasiños na nova categoría.

Debate do parón. Creo que nos vén ben porque tiñamos varios xogadores tocados, como Bicho, algúns que eran baixa, como Samu ou Primo, e creo que nos vén ben para recuperar efectivos e estar todos para o partido da Malata, salvo Joel que é unha lesión de longa duración.

Reforzo anímico da vitoria. Sabiamos que iamos competir na categoría. Excepto a segunda parte contra o Unionistas, o equipo competiu moi ben nos demais partidos. Contra Dépor e Coruxo quedamos 0-0, pero se chega a haber algún erro ía decidirse doutra forma e contra o Guijuelo fixemos un encontro moi serio, controlando os dous tempos, e puidemos gañar.

Liberación do gol. Libéranos por gañar. Se metes o gol, pero perdes, de pouco che serve. Estaba tranquilo, sei que os meus compañeiros das liñas adiantadas, tanto os dianteiros como os mediocentros, teñen gol, lévano demostrando non só a tempada pasada senón anos atrás, e non se pode dubidar deles. Tarde ou cedo ían chegar eses goles.

Sensacións. As sensacións son boas desde o primeiro momento. Creo que ao seguir moitos do grupo do ano pasado e coñecernos ben, ese proceso de adaptación xa o pasamos, tanto futbolística como persoalmente, o cal é importante para a cohesión do grupo dentro do vestiario, e a verdade é que a liña deste últimos tres partidos é o camiño que temos que seguir. Debemos competir os partidos e ser nós mesmos, aínda que logo no fútbol todo se decide por pequenos detalles.

O nivel da categoría. Ao final, os equipos de Terceira neste grupo compiten moi ben. Hai equipos que poderían estar perfectamente en Segunda B como nós. O Ourense o ano pasado deixou de ascender por un punto da tempada regular. Tanto Ourense, Bergantiños, Fabril, Somozas son equipos que compiten moi ben e están capacitados para facelo nesta categoría.

Formato da liga. Empatamos dous partidos estamos aí abaixo e gañamos un e estamos sextos. Por iso, hai que mirar o día a día. Esta semana toca comezar a centrarnos no partido de Ferrol, que será moi duro e tentar sacar algo de alí para seguir dando pasiños cara adiante.

A clasificación. Creo que as ligas, aínda que son curtas, xogas contra todos e póñenche no sitio que tes que estar. Ao final, son dezaoito partidos, menos que unha liga regular, pero vaise demostrando o nivel. Hai que ir aos poucos, sen pensar a longo prazo, competir cada domingo e a partir de aí chegarán os puntos.

Partido contra o Racing. Temos ganas de que chegue, especialmente, porque os partidos contra o Racing de Ferrol sempre son especiais, hai moita rivalidade entre clubs e temos moitas gañas. Eles son un conxunto que deron un xiro nos últimos anos, chegou un investidor ao club e están a fichar xogadores de fóra, con experiencia en primeiras divisións doutros países, pero ao final hai que competir na categoría. Nós temos respecto a todos os equipos do grupo, pero sen medo a ningún.

Racing, equipo candidato ao ascenso. O equipo que fai, a priori, é para estar arriba, pero todos os equipos da categoría están feitos para estar arriba. Son as circunstancias que son, hai que demostralo cada partido e non por iso temos que sentirnos inferiores a ninguén. Ao revés, canto máis importante sexa o equipo que temos en fronte, máis nos ten que motivar e máis nos ten que facer ser nós mesmos.

Marxe de mellora. Sempre hai cousas que mellorar, nunca vas a ser perfecto. Sempre podes incluír novos sistemas, novas formas de xogar e Yago niso tennos moi preparados. Adestramos diferentes situacións de xogo e ao manter o bloque iso témolo bastante interiorizado. E logo, individualmente todos podemos mellorar e colectivamente tamén. 

O bloque. Non é só manter o bloque, senón manter un bloque que ten capacidade para competir na categoría e non temos nada que envexarlle a ninguén. Si que é verdade que o Compos non está ao nivel doutros conxuntos economicamente e máis se un equipo da túa liga é o Deportivo da Coruña que ten 30.000 socios. O Compos agora mesmo non está a ese nivel, pero os xogadores sabemos, e demostrámolo nestas catro xornadas, que podemos competir contra calquera e temos que ir a iso.

Nivel individual. Síntome ben. É unha situación rara, pero estamos afeitos a xogar sen público. Na casa bótase de menos ese alento que che dá a afección en momentos chave. Estou seguro de que, contra o Dépor, coa nosa afección, apertariamos máis. E individualmente estoume atopando ben, o míster agora mesmo está a confiar en min e teño que demostrar cada domingo que esa confianza é con razón. Logo, como capitán, hai que apoiar á xente, facer un grupo unido, que sexamos máis que un grupo e aos poucos tentando mellorar, tanto dentro do campo como fora.

Solidez no fortín. Levamos dous partidos no Vero Boquete, catro puntos, polo que por agora está a ir ben. A tempada pasada é verdade que onde máis cómodos nos atopámonos era na casa, fóra sufriamos un pouco máis e, precisamente, se en algo ten marxe de mellora este equipo é en competir un pouco mellor e sacar máis puntos como visitantes.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
PARTE MÉDICO👉 @diegosdb8Tras resonancia detectóuselle unha rotura no menisco externo que require tratamento cirúrxico. Será intervido á maior brevedade posible.Tempo de baixa: 8 semanas👉 @manubarreiro10Distensión de Grado I no semitendinoso da perna dereita.Tempo de baixa: 10 díasPola súa banda, a posible lesión de @bgiuli10 quedou nun susto. O atacante do Compos está recuperado e dispoñible para o corpo técnico ⚽️ Hoxe adestrará xa co grupo📸 @nacho_castano_ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
PARTE MÉDICO👉 𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨Tras resonancia detectóuselle unha rotura no menisco externo que require tratamento cirúrxico. Será intervido á maior brevedade posible.Tempo de baixa: 8 semanas👉 𝐌𝐚𝐧𝐮 𝐁𝐚𝐫𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨Distensión de Grado I no semitendinoso da perna dereita.Tempo de baixa: 10 díasPola súa banda, a posible lesión de 𝐆𝐢𝐮𝐥𝐢𝐚𝐧𝐨 quedou nun susto. O atacante do Compos está recuperado e dispoñible para o corpo técnico ⚽️ Hoxe adestrará xa co grupo📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
Un 11 de setembro de 1994 Bent Christensen marcaba o primeiro gol da SD Compostela en 1ª división, e facíao no Carlos Tartiere, un estadio que xa é parte imprescindible da historia do noso club ⚽Aquel día a SD sumou o seu primeiro punto na máxima categoría do fútbol español 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🙌 Xa estamos vendendo as entradas para o derbi de Riazor na Oficina ℹ️ IMPORTANTE: Por protocolo da organización, para completar a compra necesitamos nome, apelidos e número de DNI de cada persoa⏰ Estamos ata ás 15.00 horas!#fabrilcompos🚨🚨🚨 VOLVEMOS A RIAZOR!⚽️ O derbi contra a Deportivo Fabril deste sábado ás 20.00 horas será no Estadio Municipal de RiazorTeremos á venta as entradas para a zona visitante (Tribuna Inferior) na Oficina mañá e pasado (de 9.00 a 15.00)👉Prezo: 10€ +ℹ️🎟️ As entradas tamén se poderán mercar no despacho de billetes de Riazor o propio sábado e ao mesmo prezo👉 Porén, serán para outras zonas da bancada#FabrilCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
♠️♣️ Este domingo, con motivo do derbi, fixémoslle entrega ao Pontevedra Club de Fútbol SAD dunha peza de acibeche en bruto🤝 Un recordo que se enmarca dentro do noso proxecto de posta en valor dos oficios tradicionais composteláns, o cal levamos a cabo en colaboración con Ourives de Compostela, Pazo de Raxoi, Deputación da Coruña e Turismo de Galicia #compospontevedra ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.