O Compos buscará que os tres puntos do derbi veñan para Santiago

20 de Novembro de 2020
  • Yago Iglesias destacou as boas sensacións do equipo no parón, o cal serviu para recuperar efectivos

Santiago de Compostela, a 20 de Novembro de 2020.

A SD Compostela viaxará mañá a terras ferrolás para buscar a súa segunda vitoria consecutiva da tempada, a primeira como visitantes. Os nosos tentarán que os tres puntos do derbi veñan para Santiago, despois das boas sensacións que deixou a estrea do marcador de triunfos no último duelo no fortín.

Baixas. A única baixa confirmada a día de hoxe é a de Hugo. Primo e  Samu adestraron onte e hoxe co grupo e xa poden ir convocados. É unha moi boa noticia, a verdade. En canto ao resto do plantel están todos ok, polo que son boas noticias para finalizar a semana. Evidentemente, Samu vén dun período de inactividade longo e Primo dúas semanas, non estarán ao 100%, pero poderemos dispoñer deles.

Sensacións durante a semana. Os adestramentos ao longo da semana foron moi ben, o equipo está a demostrar que está a traballar moi moi ben, que todos poden participar en calquera momento e, sobre todo, dentro das variantes que temos, tentaremos escoller aos mellores para o partido.

O parón. O parón sentounos ben no aspecto físico e veunos ben despois dunha vitoria, para ter un descanso a nivel mental, que non físico, porque estivemos a traballar moi ben estas dúas semanas.

A primeira vitoria. O que necesitabamos era sumar de tres. As sensacións e a dinámica eran moi boas e o único que necesitabamos era plasmalo coa primeira vitoria. Ademais, dentro dese partido, apareceron dous goleadores, Miki e Bicho, que nos dan confianza a nivel colectivo e individual para eles.

O nivel do equipo. As sensacións son boas a nivel defensivo, pero co cómputo xeral do que fai o equipo. Sobre todo, o que é a nosa base, que é o atacar ben e estar o maior tempo posible en campo rival. A nosa idea é seguir na mesma liña que semanas anteriores.

O rival. É un desprazamento, imos a un campo moi complicado, cun equipo que este ano fichou e gañou en potencial físico, entendido non só con correr senón coa envergadura. Teñen xogadores de moitísima talla e, evidentemente, eles explotan moito ese potencial e teremos que adaptar a nosa idea e a nosa forma de xogo ao que cremos que nos imos a atopar.

Último enfrontamento. O espello que temos é o partido de hai dúas tempadas alí, no que sacamos un 0-0, fallando un penalti. Si é certo que o Racing na casa é un equipo moito máis protagonista, pero nin eles son os dese ano, nin nós tampouco. Cada partido, mesmo dentro da mesma tempada, cambian moito as ideas. Tanto no Compostela como no Racing os protagonistas van ser outros e iso vai marcar o partido. Evidentemente, esperámonos a un Racing moi agresivo, como os partidos que lle vimos esta tempada, e máis xogando na súa casa. Nós tamén temos os nosos puntos fortes e de aí temos que tentar sacar vantaxes.

O plan de partido. Temos claro o plan de partido que queremos e o que nos imos a atopar. Sabemos que o Racing na casa é un equipo que se fai moito máis forte, aínda que os resultados positivos foron fora da Malata. Nesa dinámica positiva que veñen, esperámonos un Racing agresivo e que quererá saír a polo partido desde o inicio.

Potencial do Racing. Sabemos o que temos diante, un equipo con moito potencial de cara ao gol, Joselu, David Rodríguez, Elsinho, Yeferson, Álex López, Dani Abalo. Os nomes dos xogadores do Racing son doutra categoría, pero xa vivenciamos esta tempada, e tamén en pasadas, que podemos competir e facelo moi ben contra calquera. O caso do Deportivo e do Guijuelo téñennos que servir de exemplo.

A Malata. A Malata é un campo moi parecido ao Vero Boquete de San Lázaro, por dimensións ou estado do terreo de xogo. O escenario, neste caso, é moi parecido ao noso. Van ter 150 persoas, non vai ser tan ruidoso como os 2.000 ou 3.000 que estarían en circunstancias normais, pero si que se fai notar o xogar fóra de casa, igual que os equipos rivais notan cando veñen ao Vero Boquete.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 A familia do Compos é solidaria!Fixemos entrega á Fundación Stop Leucemia dunha donación de 665€ pola venta de 133 camisetas benéficas para a súa campaña "Regala Ciencia"🙌 Agradecemos a Fútbol Emotion, Casal Cotòn e á Fundación a súa colaboración nesta gran iniciativa📸 No acto de entrega, estiveron presentes Carlos Pérez, investigador da Fundación Stop Leucemia; e María del Carmen Casal, de Casal e CotónXuntos, impulsamos a investigación sobre enfermidades como a leucemia! Grazas a todos por facelo posible! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.