A pretempada da SD Compostela arrinca o luns 18 con seis amigables xa confirmados

14 de Xullo de 2022
  • O equipo volverá ao traballo ás 10.30 horas no Anexo San Lázaro II
  • Haberá sete semanas de preparación, cunha primeira con dez adestramentos
  • Os nosos estrearanse no Vero Boquete o sábado 30 de xullo contra o Ourense CF

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2022

A pretempada da SD Compostela arrincará este próximo luns 18 de xullo, ás 10.30 horas, no Anexo San Lázaro II. Os nosos, xa con Fabiano á cabeza, volven ao traballo para preparar o inicio da competición, previsto para o 4 de setembro. Serán sete semanas de preparación, nas que xa están confirmadas seis amigables.

Os xogadores branquiazuis, nesta toma de contacto, terán unha primeira semana con dez adestramentos. Haberá todos os días pola mañá, ás 10.30 horas, e tres xornadas (martes, mércores e venres) con dobre sesión, programadas as de tarde para as 17.00 horas.

Tralos adestramentos, a estrea chegará o sábado 30 de xullo, ás 11.30 horas, contra o Ourense CF, conxunto recentemente ascendido á Segunda RFEF, no Vero Boquete de San Lázaro.

Posteriormente, o sábado 6 de agosto, en horario por confirmar, os nosos disputarán o IV Trofeo Vila de Padrón, tentando revalidar o título, no que se medirán ao CD Estradense de Nacho.

A seguir, o mércores 10, na Pobra do Caramiñal, o Compos enfrontarase ao Puebla FC, conxunto do Barbanza co que se asinou un novo convenio de colaboración, para o crecemento deportivo de ambas entidades.

Esa mesma semana, no Campo do Viso, o domingo 14 ás 20.00 horas, a SD Compostela disputará os cuartos de final da Fase Autonómica da Copa RFEF contra o CSD Arzúa.

Mentres que o sábado 20 de agosto, no Estadio Municipal da Malata, os nosos disputarán un amigable de altura contra o Racing Club de Ferrol.

Así mesmo, dentro da preparación, tamén se xogará a sexta edición do Memorial Antonio Bermúdez, o Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, nunha data aínda por determinar e que se presentará nas próximas semanas.

Ademais, o número de partido poderá aumentar en función das roldas superadas nas copas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.