Cardeñosa será o segundo adestrador e Sergio Castiñeiras o preparador físico da SD Compostela

8 de Xullo de 2022
  • O técnico da Pobra regresa ao club, onde xogou dúas tempadas, tras unha gran campaña no filial
  • O preparador físico, ligado a Fabiano en varias etapas da súa traxectoria, regresa ao Compos, onde foi adestrador de porteiros
  • Ambos conformarán o corpo técnico de Fabiano

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2022

A SD Compostela 22/23 vai collendo forma. O proxecto compostelanista, que estará liderado por Fabiano dende o banco, contará tamén no corpo técnico con outros dous homes que coñecen moi ben a casa: Cardeñosa será o segundo adestrador e Sergio Castiñeiras o preparador físico.

Por unha banda, José Manuel Rodríguez Casais ‘Cardeñosa’ regresa ao primeiro equipo da SD Compostela tras unha extraordinaria campaña no Sigüeiro. Co filial, o técnico da Pobra superou todas as expectativas, loitando polo ascenso a Terceira RFEF, demostrando as súas grandes calidades nos bancos.

Anteriormente, desenvolvera a súa carreira como adestrador nas categorías inferiores do Puebla FC e do CD Boiro, saltando a sénior no SD Abanqueiro, conxunto que actuaba como filial do cadro de Barraña. Ademais, como futbolista, Carde pasou por equipos como o Céltiga FC, CD Boiro, Arousa SC, SD Compostela e, de novo, CD Boiro. Nas súas dúas campañas na capital galega disputou un total de 59 encontros, sendo eixo capital da zaga branquiazul e logrando un título de Liga, así como a disputa do playoff de ascenso.

Pola súa banda, o compostelán Sergio García Castiñeiras tamén regresa ao Compos, debido a que actuou como adestrador de porteiros durante dous cursos: 08/09 e 09/10. A maiores, a súa traxectoria no mundo do fútbol estivo moi vinculada a Fabiano, co que volverá coincidir. Con el estivo no Estoril Praia de Portugal (adestrador de porteiros) e no Jeonnam Dragons de Corea (preparador físico).

A maiores, tamén foi adestrador de porteiros no Boiro (dúas tempadas) e no Al Rayyan SC de Qatar (2021), mentres que como PF acumula experiencias no Santiago Xuvenil de División de Honra, no East Riffa de Bahrein, así como no citado equipo coreano.

Xuntos, con Fabiano, conformarán un corpo técnico de garantías e moito nivel para liderar o proxecto da SD Compostela 2022/23 na Segunda RFEF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 CRÓNICAUn Compos de doce consegue a terceira vitoria consecutiva⚽ Os nosos dominaron os tempos do partido no Pepe Quimarán e levaron os tres puntos con goles de Dani González, Buba e Antón Guisande📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.