Cardeñosa será o segundo adestrador e Sergio Castiñeiras o preparador físico da SD Compostela

8 de Xullo de 2022
  • O técnico da Pobra regresa ao club, onde xogou dúas tempadas, tras unha gran campaña no filial
  • O preparador físico, ligado a Fabiano en varias etapas da súa traxectoria, regresa ao Compos, onde foi adestrador de porteiros
  • Ambos conformarán o corpo técnico de Fabiano

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2022

A SD Compostela 22/23 vai collendo forma. O proxecto compostelanista, que estará liderado por Fabiano dende o banco, contará tamén no corpo técnico con outros dous homes que coñecen moi ben a casa: Cardeñosa será o segundo adestrador e Sergio Castiñeiras o preparador físico.

Por unha banda, José Manuel Rodríguez Casais ‘Cardeñosa’ regresa ao primeiro equipo da SD Compostela tras unha extraordinaria campaña no Sigüeiro. Co filial, o técnico da Pobra superou todas as expectativas, loitando polo ascenso a Terceira RFEF, demostrando as súas grandes calidades nos bancos.

Anteriormente, desenvolvera a súa carreira como adestrador nas categorías inferiores do Puebla FC e do CD Boiro, saltando a sénior no SD Abanqueiro, conxunto que actuaba como filial do cadro de Barraña. Ademais, como futbolista, Carde pasou por equipos como o Céltiga FC, CD Boiro, Arousa SC, SD Compostela e, de novo, CD Boiro. Nas súas dúas campañas na capital galega disputou un total de 59 encontros, sendo eixo capital da zaga branquiazul e logrando un título de Liga, así como a disputa do playoff de ascenso.

Pola súa banda, o compostelán Sergio García Castiñeiras tamén regresa ao Compos, debido a que actuou como adestrador de porteiros durante dous cursos: 08/09 e 09/10. A maiores, a súa traxectoria no mundo do fútbol estivo moi vinculada a Fabiano, co que volverá coincidir. Con el estivo no Estoril Praia de Portugal (adestrador de porteiros) e no Jeonnam Dragons de Corea (preparador físico).

A maiores, tamén foi adestrador de porteiros no Boiro (dúas tempadas) e no Al Rayyan SC de Qatar (2021), mentres que como PF acumula experiencias no Santiago Xuvenil de División de Honra, no East Riffa de Bahrein, así como no citado equipo coreano.

Xuntos, con Fabiano, conformarán un corpo técnico de garantías e moito nivel para liderar o proxecto da SD Compostela 2022/23 na Segunda RFEF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comeza o traballo para o duelo crucial deste sábado na nosa casa👉 Os nosos inician os adestramentos esta tarde e terán catro sesións para a volta do play off💪 Traballo intenso e duro para, coa axuda de todos, superar a rolda#composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Este sábado, a certificar o pase na nosa casa!!!⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/👉 Abonados: Gratis🙌 PROMOCIÓN ENTRADAS: Cada abonado pode retirar, a maiores, unha entrada por 5€ (ata o venres ás 15h), na Oficina, na Tenda ou Online (neste caso, hai que sumar os gastos de xestión)🏟️ Para público xeral, as entradas poden mercarse online ou o sábado no Despacho de Billetes#composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Feliz #DíaDasLetrasGalegas!! 🩵🤍 Neste día, compartimos o documental da Real Academia Galega sobre a escritora e xornalista, homenaxeada este anoDestacamos o seu compromiso coa lingua e a cultura galega, un exemplo de defensa da nosa identidade🎥 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINALRACING CLUB VILLALBÉS 0️⃣-0️⃣ COMPOSO Compos non pasa do empate, pese ás oportunidades, e queda todo pendente para a volta na nosa casa!Grazas a todos por acompañarnos en Vilalba! A pola volta co voso apoio!!📸 Nacho Castaño #villalbescompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍🆚 RACING CLUB VILLALBÉS 🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis🙌 A comezar con bo pe!! Todos xuntos a pola primeira cita deste play off!!#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.